Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/06/2017 | Actualizada ás 09:30
O foro de pensamento OBenComún informa que lanza o seu 4º titulo do seu selo editorial. “[Re]Pensar a Democracia” volve a ser unha obra coral, ao igual que o anterior titulo “Ecoloxismo Político: Olladas desde Galicia”e radicalidade participativa e rexeneración ética.
Na presentación inicial deste martes 27 de xuño ás 19,00 horas, na Libraría Couceiro de Compostela, estarán ademais de tres dos autores (Xoán Hermida,quen fora un dos prometroes de Espazo Ecosocialita, Fernandez Naveiro e Luís Villares, voceiro parlamentar de En Marea) a avogada e esperta en temas migratorios, Maite Bustamante.
Juan Carlos Fernández Naveiro, Xoán Hermida González, Laia Ortiz Castellví e Sergio de Maya García, Teresa Cunha e Luís Villares Naveira son algúns dos contribuídores.
“Este libro, pensado para achegar reflexións sobre a democracia, a radicalidade e os seus límites” sinalan dende o citado Foro, que se identifica co pensamento xuridido ao fío do 15M.
A xira de presentacións do volume, aínda por pechar, é polo de agora a seguinte:
Compostela. Martes 27 de xuño ás 19,00 horas. Libraría Couceiro
Lugo. Xoves 29 de xuño ás 19,00 horas. Libraría Trama
Cangas. Venres 30 de xuño ás 18,00 horas. Libraría Wells
A Coruña. Xoves 6 de xullo ás 20,00 horas. Libraría Formatos
Pontevedra. Venres 7 de xullo ás 20,00 horas. Libraría Cronopios
Ferrol. Mércores 12 de xullo ás 20,00 horas. Libraría Nobel
Ourense. Xoves 13 de xullo ás 20,00 (pendente de lugar)
Ribadeo (pendente de data e lugar)
Vigo (pendente de data e lugar)
Coimbra (setembro)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.