Morren 3 mozos a causa dun Spinner desbocado

O fidget spinner saiu disparado das mans dun deles e impactou consecutivamente nas cabezas dos tres mozos.

Por GcToday | Muros | 02/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Tarde tráxica a acontecida no día de onte na vila de Muros, onde 3 rapaces de entre 21 e 23 anos morrían a consecuencia do impacto dun fidget spinner que saiu desbocado das mans dun deles cando tentaban conseguir a máxima velocidade do aparello xiratorio.

Fidget Spinner
Fidget Spinner | Fonte: temposgalegos.net

 

Os rapaces que se atopaban dandolle velocidade ao spinner mentres un deles o suxeitaba recibiron o impacto brutal e consecutivo do xoguete nas súas cabezas deixando a dous deles sen vida no momento e o terceiro que falecía na ambulancia de camiño ao hospital.

 

O fidget spinner, un aparello ata o de agora considerado como reductor do estrés, cóbrase as súas 3 primeiras mortes e abre un debate na sociedade sobre a seguridade dos mesmos en mans de persoas non cualificadas para o seu manexo.

 

Desde a Xunta de Galiza afirman que estudaran a fondo este e caso e proporán ao Parlamento Galego a introdución dunha licencia de uso deste xoguete para os menores de 25 anos, así como a contratación de pólizas de responsabilidade civil aos donos dos spinners.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Premio Nacional de Humor

Se a alguén lle parece gracioso, que se manifeste, por favor. A min nin puñetera graza me fixo,,,

1 Outro roñón

O máis gracioso do asunto, ata o de agora, o teu comentario ahahaha. Estou contigo, nin gracia fai ningunha das entradas estas. En serio, GC, deixádeo xa, non é obligatorio meter unha sección deste tipo no xornal. EMT mola, isto non, asumídeo. PD: tampouco é obligatorio meter unha sección de viñetas.

2 Graza

Eu rinme...