Lídia Senra denuncia en Europa que a concentración parcelaria de Valdoviño deixa parcelas forestais sen acceso

A eurodeputada de AGEe Lídia Senra denunciou ante a Comisión Europea que a concentración parcelaria levada a cabo en Valdoviño (A Coruña) deixa unha serie de parcelas forestais sen acceso directo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2017 | Actualizada ás 11:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de AGEe Lídia Senra denunciou ante a Comisión Europea que a concentración parcelaria levada a cabo en Valdoviño (A Coruña) deixa unha serie de parcelas forestais sen acceso directo.

Lida Senra
Lida Senra | Fonte: Europa Press

Diso informou a través dun comunicado, no que sinalou que os afectados levan "tempo" reclamando á Xunta "unha solución", pero aínda "non recibiron resposta".

Tendo en conta que a mencionada concentración parcelaria foi cofinanciada en máis da metade por fondos Feder, Senra pediu ao ente comunitario que analice "como se está investindo" o diñeiro.

E é que, proseguiu Senra, as leiras están "inservibles" para o cultivo e para o seu mantemento e, por tanto, constitúen "un caldo de cultivo para incendio forestais".

Neste escenario, a europarlamentaria reclamou á Comisión Europea que "se pronuncie" sobre o asunto e medie ante o Estado e a Xunta para "solucionar a situación".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta