Temas: ABANCA HUMOR

Abanca merca a cidade da Coruña, que pasará a chamarse La Abanca

Coa transacción a entidade adquire tamén as palabras neno, já e chuqueles.

Por GcToday | A Coruña | 07/07/2017 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca Riazor, a entidade decidiu tras negociar co concello ampliar o paquete e pechar o trato tamén co nome da cidade.

Fotomontaxe de Tempos Galegos sobre Abanca
Fotomontaxe de Tempos Galegos sobre Abanca

Deste xeito e a cambio de liquidez para o consistorio de La Abanca, antes A Coruña, Abanca obtén o nome do municipio asi como outras claúsulas menores como poden ser o troco de nome do alcalde a Ksulio Abanca Ferreiro ou a torre de Abanca en lugar da de Hércules.

O trato terá unha vixencia de 10 anos, e poderá ser revertido por parte da entidade bancaria se así o desexa en calquera momento, cousas que segundo parece está moi lonxe de acontecer.

Agora do queda ver como a cidadanía se acostuma aos novos nomes e se co paso do tempo Abanca segue a imvertir en municipios galegos.

Temas: ABANCA HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta