Temas: BOMBEIRO

Denuncian que a Xunta maltrata salarialmente aos bombeiros de Lugo

“A Xunta de Galicia oponse á equiparación salarial dos bombeiros lucenses”, asegura a Deputación de Lugo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/07/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia oponse á equiparación salarial dos parques provinciais de bombeiros de Lugo. É a denuncian que fixo o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, este xoves logo do encontro que mantivo, xunto ao Presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso; e ao Deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López; co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, para estudar a situación dos parques provinciais de bombeiros galegos, así como o cambio do modelo de xestión cara o público, tal e como avogan os 3 organismos provinciais.  

Protesta dos bombeiros en Lugo para esixir as mesmas condicións salariais que os seus compañeiros do resto de Galicia
Protesta dos bombeiros en Lugo para esixir as mesmas condicións salariais que os seus compañeiros do resto de Galicia

Campos Conde trasladoulle ao vicepresidente a necesidade de igualar os soldos dos profesionais que prestan o servizo contra incendios na provincia de Lugo, aos de Ourense pois “é de xustiza que polo mesmo traballo e as mesmas responsabilidades, mesmo soldo”. É importante subliñar que estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo; uns 18.000 euros ao ano.  

O presidente provincial destacou que Rueda rexeitou completamente a posibilidade de achegar os 330.000 euros que lle corresponde á Xunta de Galicia por participar ao 50% no Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, e que o Goberno da Deputación xa ten comprometidos no orzamento 2017. Campos Conde destacou que “queremos que o Partido Popular se aclare, pois en Lugo defenden unha cousa pero en Santiago votan o contrario. É o dobre xogo ao que nos teñen acostumados.”.

Temas: BOMBEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta