Por Galicia Confidencial | Vilalba | 07/09/2010 | Actualizada ás 20:04
A orquesta Olympus e en concreto o seu líder Peke volven a estar no centro da polémica. Segundo relata o blog Lugo Antifascista, o cantante incitou ao público a “linchar” a un grupo de mozos que criticaran a actuación da polémica orquesta nas recentas festas do San Ramón de Vilalba. A Olympus foi acusada de homofobia e actuou o domingo nun festival do Xacobeo.
“A cuestión pasou a máis cando, de entre as miles de notas que a rapazada lles achega durante os concertos, chegou unha que non era do gusto dos compoñentes. En vez de obviar o feito, ou canto menos reflexionar sobre o mesmo, deron renda a solta a un complexo de provocacións e faltas de respeto que dexenerou” narra o blog.
Lugo Antifascita conta que “a nota en cuestión, achegada por un mozo que se atopaba diante do escenario, e que polo tanto acudiría ó mesmo de igual xeito que calquera, apelaba ó cantante a demostrar que a interpretación de cancións galegas, como o como Baila Carmiña, se fixera cun pouco de respeto ó redor do contido e do modo de interpretar, non adaptándoa a un folclorismo hispano".
Peke “ aproveitou a situación para encamiñar unha razzia personalista cara o rapaz e os seus compañeiros, poñendo en boca as miseras palabras que sempre argumenta cando se enfronta con este tipo de situacións: "Ya estoy harto de que me acusen de lo que yo no soy"” (...) foi desplegando sen ambaxes un repertorio de argumentos en contra do noso idioma, reduncíndoo a un fenómeno dialectal,”.
A conclusión da escalada de tensión foi que “despois de condicionar a gran parte dos asistentes, grazas ás facilidades que lle da estar nun escenario, provocou o linchamento total dos mozos alí concentrados que tiveron que aturar golpes e improperios por parte da masa anulada no seu razoar, chegando a sufrir incluso agresións físicas”.
Os autores do blog aseguran que o polémico artista ao “ baixou até o lugar onde se atopaban os mozos concemtrados, e se dirixiu en concreto cara o que lle encamiñara a nota. Actuando dun modo único e inigualable, ou iso dirán os seus seguidores, ameazou verbalmente ó rapaz, proferíndo insultos e empurróns”. Por iso entenden que “as escusas dadas eran un simple lavado de cabo de cara a opinión pública para seguir facendo de modo encuberto e por veces delcarado todo este tipo de demostracións”.
Este combo saltou aos titulares este verán, cando o colectivo de defensa dos gais Panteras Rosas criticou á Olympus por facer bromas sobre os “maricóns” e os “negros” no seu espectáculo. Peke reaccionou con pouca educación no blog da orquesta, prometendo “patada na cona” aos que criticasen a súa formación. Porén, e ante a avalanchas de críticas de colectivos como Colega Galicia (próximo ao PP) retirou o escrito da súa web e pediu desculpas en varias actuacións, dun xeito un tanto peculiar que recolle este vídeo:
Despois da polémica sobre a homofobia, o veterano portal independentista Galizalivre publicou unha completa reportaxe na que ofrece probas da relación dos creadores da Olympus co narcotráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.