Acusan ao líder da Olympus de provocar un linchamento en Vilalba

Activistas de esquerdas foron empurrados e insultados por Peke, o cantante de orquesta acusado de homofobia, segundo o blog Lugo Antifascista. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vilalba | 07/09/2010 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A orquesta Olympus e en concreto o seu líder Peke volven a estar no centro da polémica. Segundo relata o blog Lugo Antifascista, o cantante incitou ao público a “linchar” a un grupo de mozos que criticaran a actuación da polémica orquesta nas recentas festas do San Ramón de Vilalba. A Olympus foi acusada de homofobia e actuou o domingo nun festival do Xacobeo.

“A cuestión pasou a máis cando, de entre as miles de notas que a rapazada lles achega durante os concertos, chegou unha que non era do gusto dos compoñentes. En vez de obviar o feito, ou canto menos reflexionar sobre o mesmo, deron renda a solta a un complexo de provocacións e faltas de respeto que dexenerou” narra o blog.

Lugo Antifascita conta que “a nota en cuestión, achegada por un mozo que se atopaba diante do escenario, e que polo tanto acudiría ó mesmo de igual xeito que calquera, apelaba ó cantante a demostrar que a interpretación de cancións galegas, como o como Baila Carmiña, se fixera cun pouco de respeto ó redor do contido e do modo de interpretar, non adaptándoa a un folclorismo hispano".

Peke “ aproveitou a situación para encamiñar unha razzia personalista cara o rapaz e os seus compañeiros, poñendo en boca as miseras palabras que sempre argumenta cando se enfronta con este tipo de situacións: "Ya estoy harto de que me acusen de lo que yo no soy"” (...) foi desplegando sen ambaxes un repertorio de argumentos en contra do noso idioma, reduncíndoo a un fenómeno dialectal,”.

A conclusión da escalada de tensión foi que “despois de condicionar a gran parte dos asistentes, grazas ás facilidades que lle da estar nun escenario, provocou o linchamento total dos mozos alí concentrados que tiveron que aturar golpes e improperios por parte da masa anulada no seu razoar, chegando a sufrir incluso agresións físicas”.

Os autores do blog aseguran que o polémico artista ao “ baixou até o lugar onde se atopaban os mozos concemtrados, e se dirixiu en concreto cara o que lle encamiñara a nota. Actuando dun modo único e inigualable, ou iso dirán os seus seguidores, ameazou verbalmente ó rapaz, proferíndo insultos e empurróns”. Por iso entenden que “as escusas dadas eran un simple lavado de cabo de cara a opinión pública para seguir facendo de modo encuberto e por veces delcarado todo este tipo de demostracións”.

Este combo saltou aos titulares este verán, cando o colectivo de defensa dos gais Panteras Rosas criticou á Olympus por facer bromas sobre os “maricóns” e os “negros” no seu espectáculo. Peke reaccionou con pouca educación no blog da orquesta, prometendo “patada na cona” aos que criticasen a súa formación. Porén, e ante a avalanchas de críticas de colectivos como Colega Galicia (próximo ao PP) retirou o escrito da súa web e pediu desculpas en varias actuacións, dun xeito un tanto peculiar que recolle este vídeo:

Despois da polémica sobre a homofobia, o veterano portal independentista Galizalivre publicou unha completa reportaxe na que ofrece probas da relación dos creadores da Olympus co narcotráfico.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

18 Sensible

Desque vin o video teño pesadelos, deberian advertir que un nariz así pode ferir a sensibilidade das persoas.

17 anonimo

ESTADES TODOS FLIPADOS

1 tranki...

peke...

16 eumesmo

Se non me trabuco, a olympus estará nas festas do Carballiño para a semana que vén. Creo que este populista, que utiliza os escenarios para atacar o idioma e a cultura galega,cun espectáculo españolista propio dos anos sesenta, merece xa unha resposta. Que non pense que rirse de nós lle sairá de valde...

1 Unha lesbi

Apúntome a ir a CArballino

2 un hetero

carballino o roblecito? ou Carballiño? tamén está a versión portuguesa-reintegrata-queguaison carbalhinho

3 Corunhês

Em português (ou galego segundo se mire) seria Carvalhinho. Em português e carvalho não carbalho (para hetero)

4 hetero

sí, pois debes ter razón, agora que non sei se o nativo estaría moi dacordo coa grafía si lle poñen á entrada "Carvalhinho"... sona a galego de toda a vida

5 merdon

E como vai sonar se so son letras escritas???

6 Óscar

Anímovos a todos a ir ó Carballiño con bandeiras da patria e erguelas ben altas para que ese home (se merece ser chamado así) saiba que os seus discursos enriba do escenario quedarán moi ben para uns poucos pero xamais cambiará as nosas ideas.

15 Pekenín

Agardo que o rapaz denuncie os feitos para acabar coa chulería e o negocio dese ser esperpéntico e narizudo!!!!

14 Puchiño

Son músico, pasei varios anos nas pachangas, e si o público soubera o asco que nos da a os músicos ter que tocar esa merda para sacar un soldo miserable, miraría de outra maneira. E unha vergoña que as institucións e algúns "intelectuais" apoien esta lacra da cultura de Galicia e non apoien outras formas de facer música fora do feismo, a explotación laboral, o lavado de cartos do narco, e a horterada. Eso si hai unha raza de "estrellas de escenario" que flipan consigo, e que dan moita vergoña. Tamén hai orquestas de outra orientación, pero cada vez menos, porque o monopoly avanza.