Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 03/08/2017 | Actualizada ás 11:00
A artesanía encherá, novamente, as rúas de Monforte de Lemos. A XIX mostra de artesanía Artelemos 2017 celebrarase nesta cidade do 4 ó 8 de agosto na rúa Cardenal. O evento servirá de antesala ás Festas Patronais.
Desta volta haberá un total de 23 casetas; unha delas estará adicada á celebración de obradoiros e os outros 22 postos restantes serán para a exposición e a venda de produtos artesanais.
Os postos abrirán de 11 a 14 horas e tamén en quenda de tarde, de 18 a 23 horas.
Esta é a programación:
Programación 19ª Mostra Artelemos 2017 ( 4 ao 8 de Agosto)
Horario: 11:00 a 23:00
Lugar: Rúa Cardenal
Venres 4:
11:00 Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 Demostración Olería de Gundivós. Artesán Elias González Prieto
12:00 Inauguración da 19ª Mostra Artelemos
18:00 Apertura de Stands de venda
20:00 Demostración Olería de Gundivós. Artesán Elias González Prieto
Sábado 5:
11:00 Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 Demostración Olería. Artesá Inmaculada Díaz
18:00 Apertura de Stands de venda
18:00 Demostración Olería. Artesá Inmaculada Díaz
Domingo 6:
11:00 Apertura de Stands de venda
11:00 a 14:00 Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal
18:00 Apertura de Stands de venda
Luns 7:
11:00 Apertura de Stands de venda
12:00 Obradoiro de olería para nenos/as. Artesá Otilia Arias García
12:00 Demostración de olería de Gundivós. Artesán Tomás López González
18:00 Apertura de Stands de venda
19:00 Obradoiro de olería para nenos/as. Artesá Otilia Arias García
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.