Tags: #Humor
1 de 10 en Gc Today seguinte

Cristiano Ronaldo indígnase co xuíz por sentalo no banquillo

O dianteiro do Real Madrid amosouse onte tremendamente indignado por estar sentado no banquillo.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 13/08/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O periplo xudicial de Cristiano Ronaldo pola presunta fraude á facenda publica rematou no día de onte co astro portugués sentado no banquillo.

Cristiano Ronaldo
Cristiano Ronaldo | Fonte: afp

O feito non lle resultou de agrado ao xogador que reclamou a titularidade ao xuíz que, estupefacto, lle dixo que isto non era un partido e o seu lugar era o banquillo. Foi nese momento que o dianteiro comezou a dicir que falaría con Florentino para que cambiaran ao entrenador porque “iso non podía ser” e que “tiña que vir Zidane”.

Segundo fontes próximas a Rafa Benítez e Carlo Ancelotti indicaron que “por fin alguén se atreve a sentar a Cristiano Ronaldo no banquillo sen que vaia ser cesado por iso”.

Tags: #Humor
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xodre

O mercador de nenos