Un ferido grave en Vilalba tras saírse da vía e arder o vehículo no que viaxaba

Un home resultou ferido de gravidade en Vilalba (Lugo) tras arder o vehículo que conducía despois de saírse da vía á altura do lugar de Lanzós.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2017 | Actualizada ás 11:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido de gravidade en Vilalba (Lugo) tras arder o vehículo que conducía despois de saírse da vía á altura do lugar de Lanzós.

Tras recibir a chamada de alerta de varios particulares minutos antes das 23:00 horas deste sábado, que advertían da posibilidade de persoas atrapadas e do vehículo en lapas, o CIAE pasou aviso aos Bombeiros de Vilalba e aos servizos sanitarios.

Os membros do parque comarcal confirmaron que testemuñas que presenciaron o accidente lograron sacar ao único ocupante do turismo, polo que non foi preciso o emprego do material de excarceración. Iso si, o coche estaba envolto en lapas. Ademais, indicaron que ao saírse da vía, o turismo impactou contra unha 'caseta' e comezou a arder por completo.

O ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital de Lugo con feridas de gravidade debido ao impacto, e con diversas queimaduras no seu corpo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta