Hai discriminación contra os novos arquitectos e pequenos estudos?

A obra nova é en 2017 un 3,43 por cento da rexistrada en 2007. O PSdeG pide que durante 2017, polo menos o 10 por cento dos procesos de redacción de proxectos de arquitectura e de urbanismo, sexan mediante a fórmula de concursos de proxectos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/09/2017 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Os arquitectos forman parte dun dos colectivos máis afectados pola crise económica. As 45.000 vivendas novas visadas en 2007 reducíronse ata tan só 1.149 en 2015 e a actividade da construción rexistrada en 2017 supón tan só un 3,43 por cento da de 2007, ofrecendo menos dun proxecto anual por cada arquitecto colexiado.

E entre os máis afectados están os novos arquitectos e os pequenos estudos que non poden competir coas grandes construtoras. Por iso, a portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, reclamoulle este martes ao goberno galego que aplique medidas de discriminación positiva para propiciar a participación dos arquitectos novos e dos pequenos estudos na adxudicación de proxectos. Foi a través dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento.

Precisamente, a escaseza de proxectos e de actividade provocou unha falla de experiencia nos profesionais, obrigados a reconducir a súa carreira a outras actividades profesionais ou a buscar traballo no estranxeiro. A deputada socialista lamentou que milleiros de “profesionais academicamente excelentes e profesionalmente premiados na nosa terra foron obrigados a marchar” cunha perda de talento “inasumible para Galicia”.

Por iso reclamoulle ao goberno galego “facer o posible por reter ao talento e dotar de máis oportunidades de traballo” a través de medidas de discriminación positiva” revisando os criterios de procedemento de adxudicación permitindo a participación dos profesionais novos e dos pequenos estudos.

Tamén solicitou o compromiso do Executivo autonómico para que durante 2017 “polo menos o 10 por cento dos procesos de redacción de proxectos de arquitectura e de urbanismo sexan mediante a fórmula de concursos de proxectos, incrementando outro 10 por cento cada ano ata 2020”.

Recreación da urbanización Sol Miñor en Gondomar
Recreación da urbanización Sol Miñor en Gondomar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Calquera

É a primeira vez que vexo unha nova que ten o titular máis longo ca mesma.