Tags: #R

Problemas coas conexións de R

Este mércores cara mediodía a marca galega daba conta dunha “incidencia móbil” nas súas liñas. “O problema que afectou a algunhas liñas móbiles xa está identificado e están a recuperar o servizo gradualmente”, indicaba R nas súas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/09/2017 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A empresa estimaba que cara as 12:30 todo estivera solventado pero, visto as queixas que se acumulan nas redes sociais, non foi así. 

R
R

Mentres a operadora insistía en que “a maior parte das liñas xa pode chamar e recibir chamadas” contra as 13:30 numerosos internautas insistían que, malia reiniciar os móbiles como pedía a compañía, seguían sen datos despois, nalgúns casos, de seis horas sen cobertura.

R deixou aberta a posibilidade de ofrecer compensación aos seus clientes polos prexuízos causados, do mesmo xeito que fixo en anteriores ocasións nos que houbo problemas coa liña. Cómpre lembrar que R é un operador móbil virtual, que, ao contrario co que sucede coa súa propia liña de fibra óptica, non ten unha rede de seu para móbiles, senón que a aluga a outros operadores.

Tags: #R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lois Garcia

Era una estupenda empresa con un servicio excelente, pero esta es la consecuencia de haberse vendido al PNV. Toma Galeuska