Por GcToday | Terrassa | 30/09/2017 | Actualizada ás 23:00
Na mañá de onte, e durante un servicio rutinario da Garda Civil na vila de Terrassa, a parella da Benemérita localizou dentro dun Eroski, cando menos dúas urnas, que no momento foron requisadas, poñendo e alerta tanto á Fiscalía como ao Ministerio de Interior.
As urnas, que nun principio estaban a ser utilizadas para o sorteo dun xamón no propio establecemento, poderían ser usadas o vindeiro 1-O para o referendo secesionista catalán, tal e como afirma a Garda Civil na jota enviada aos medios de comunicación.
Segundo o corpo armado, cabe a posibilidade que a Generalitat teña como plan maestro ocultar as urnas de votación á vista de todo o mundo, disfrazadas, como neste caso dun pseudosorteo.
Do mesmo xeito, desde fontes próximas á comandancia da garda civil, asegúrase que o feito de que a marca Eroski sexa vasca non é froito da casualidade, senón dunha estratexia perfectamente orquestrada para romper España desde País Vasco e Catalunya.
Desde a cadea de mercados Eroski expresan a súa perplexidade ante o ocorrido e piden que apareza o xamón que dende o momento da intervención permanece en paradoiro descoñecido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.