Valdeorras pecha a vendima con menos uva pero de moita calidade

Recolléronse 4,18 millóns de quilos de uva , un 12 por cento menos que o ano pasado debido sobre todo as xeadas da primavera. O godello segue a ser a variedade máis abundante na zona.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 10/10/2017 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A vendima 2017, unha das máis temperás da historia de Valdeorras, vén de finalizar oficialmente na comarca. Recolléronse un total de 4.180.488 quilos de uva, fronte aos 4.656.213 quilos do ano pasado. Esta redución do 12% débese, tal e como explica José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, “aos fenómenos meteorolóxicos adversos producidos este ano e, en especial, ás xeadas rexistradas a finais do mes de abril”. Aínda así, “malia o descenso en cantidade, a calidade da uva recollida volve ser, un ano máis, excepcional”.

Cepa de godello. Fonte: DO Valdeorras.
Cepa de godello. Fonte: DO Valdeorras.

Quilos recollidos por variedades

Por variedades, o godello colocouse de novo no primeiro lugar con 1,98 millóns de quilos recollidos. A continuación, sitúase a mencía con 1,33 millóns de quilos. Por tras, veñen a variedade alicante, con 456.031 quilos; a jerez, con 345.281 quilos; a tempranillo con 19.302 quilos e a variedade sousón, con 17.767 quilos. Finalmente, únense á listaxe os 8.976 quilos de albarello que se colleitaron; os 4.664 de merenzao e os 4.341 de dona branca.

Superficie inscrita por variedades

Das 43 bodegas amparadas baixo o selo de calidade de Valdeorras, recolleron uva un total de 42. Fixérono en 9.852 parcelas distribuídas nunha superficie total de 1.184 hectáreas, tal e como amosa o seguinte cadro:

Acio de godello. Fonte: DO Valdeorras.
Acio de godello. Fonte: DO Valdeorras.

CONCELLOS

Nº PARCELAS

SUPERFICIE Has

SUPERFICIE POR VARIEDADES

GODELLO

MENCÍA

O BARCO

1.550

192,26

59,06

58,79

O BOLO

567

94,21

35,95

18,73

CARBALLEDA

169

13,21

5,51

1,72

LAROUCO

1.705

228,9

74,55

52,03

PETÍN

902

97,77

24,67

12,57

A RÚA

1.710

230,11

57,76

46,16

RUBIÁ

1.583

135,48

39,32

39,56

VILAMARTÍN

1.666

193,02

72,8

33,57

TOTAL

9.852

1.184,96

369,62

263,13

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta