O alcalde dos Blancos atribúe a "unha neglixencia" o incendio polo que detiveron a un veciño de Vigo

O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, atribuíu a "unha neglixencia" o incendio polo que a Garda Civil detivo este mércores a un veciño de Vigo, que supostamente causou un lume de 1 hectárea o domingo por unha imprudencia na súa leira familiar.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2017 | Actualizada ás 13:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, atribuíu a "unha neglixencia" o incendio polo que a Garda Civil detivo este mércores a un veciño de Vigo, que supostamente causou un lume de 1 hectárea o domingo por unha imprudencia na súa leira familiar.

"Non foi nada pero puido ser moito", explicou o rexedor, en declaracións a Europa Press. Castro apuntou que o home é funcionario da administración de xustiza na cidade olívica, onde vive, pero que, segundo os seus datos, é natural de Rairiz de Veiga e casou en Soutelo (Xinzo de Limia).

De feito, de acordo coas informacións que manexa o alcalde, a leira familiar deste home, que xa contaba con antecedentes por queima de restrollos, está situada nesa parroquia, Soutelo, que pertence a Xinzo, aínda que está no límite cos Blancos, municipio ao que se asignou o lume.

O primeiro edil sinalou que na leira, á que o agora detido acode "esporadicamente", un "tres ou catro veces ao ano", ten castaños e outras árbores, polo que "non puido ser un incendio intencionado".

Iso si, indicou que, segundo os comentarios que lle trasladaron, foron "uns rapaces" que viven nun núcleo dun oito casas próximo á leira os que apagaron as lapas ao toparse con elas pasado o mediodía do domingo. "Dixeron que no canto de colaborar, largouse", engadiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta