Queres saber algo de ciberseguridade?

Lugo acollerá un curso formativo gratuíto nesta materia. Inclúe formación teórico-práctica en temas como o hacking ético, técnicas de proteccións para infraestruturas, contramedidas, entre outras.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/10/2017 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A ciberseguridade é presente e é futuro. Nos últimos tempos estase convertendo, ademais, nun interesante campo de traballo. Por iso, o Concello de Lugo, en colaboración coa Fundación Telefónica, organizará un curso sobre esta materia.

Navegando por Internet
Navegando por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr.

Trátase dun itinerario formativo nexo de unión entre a demanda real de empresas e o sistema educativo. Inclúe formación teórico-práctica, coa participación de expertos no sector, en temas como o hacking ético, técnicas de proteccións para infraestruturas, contramedidas, entre outras. A maiores, inclúe formación en habilidades para a empregabilidade, como desenvolvemento de intelixencai emocional, traballo en equipo ou como realizar unha entrevista de maneira efectiva.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da Fundación Telefónica, Joan Cruz, e a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, presentaron este curso gratuíto, impulsado por dita fundación coa colaboración do Concello. Trátase do primeiro curso destas características que celebra a Fundación Telefónica en Galicia. 

Onde e cando

O curso arrincará o 11 de decembro e terá lugar no Edificio de Novas Tecnoloxías de Lugo, en horario de mañá, de 08:30 a 14:30 horas. Durará 5 meses, é dicir, ata maio, e como colofón á formación, as persoas participantes poderán presentar os seus proxectos ante as empresas tecnolóxicas máis punteiras da rexión: unha porta para o emprego.

Poderán participar mozos e mozas de Lugo de entre 18 e 35 anos, que terminaran os estudos da ESO, non sendo necesaria formación previa en novas tecnoloxías. O obxectivo é que as persoas inscritas adquiran coñecementos e habilidades que lles permitan incorporar as competencias do mundo da ciberseguridade, unha das especializacións técnicas máis demandadas e con máis futuro no mercado laboral actual.

Todas as persoas interesadas en inscribirse deben facelo na páxina web de Fundación Telefónica, no apartado de empregabilidade, ou ben a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Elsa

Son buenas iniciativas, ojalá se pudieran realizar en otras comunidades talleres similares al vuestro porque los jóvenes no hacen más que usar la tecnología para jugar o descargar juegos como el pubg gratis o juegos como el clash royale o similares.