Temas: XUNTA

A rede informática da Xunta sofre problemas técnicos

A web da Xunta e todas as webs asociadas sufriron incidencias ao final da mañá deste sábado. Pero non se tratou dun ataque informático, tal e como confirmaron fontes da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2017 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Non houbo ataques informáticos á rede informática da Xunta, tal e como aconteceu no 2013, aínda que varias fontes informaron desta posibilidade a GC ao longo deste sábado tras comprobar que había problemas de visualización e ralentización dalgunhas das súas webs.

Visualizando unha web cun ordenador portátil
Visualizando unha web cun ordenador portátil

Non houbo tal”, confirmaban fontes da Xunta a GC que indicaron que do que se tratou foi de “problemas técnicos” ao longo da mañá deste sábado. De feito, indicaron que os servizos internos, e mesmo os correos oficias da Xunta funcinaron con “total normalidade”.

Estes problemas técnicos terían afectado á web da Xunta, pero tamén ás webs asociadas á rede informática do Goberno galego e que xestiona a Amtega, entre elas a CRTVG. De feito, unha dos lectores do GC informou de que era imposible acceder á web da TVG á última hora da mañá deste sábado.

Non é a primeira vez que a rede informática da Xunta sofre incidencias, aínda que máis graves que nesta ocasión. Así, no 2013 sufríu ata tres ataques informáticos case consecutivos, o que obrigou ao Goberno galego a tomar a decisión de denunciar estes feitos ante a unidade de delitos informáticos da Garda Civil.  De feito, durante algúns destes ataques as webs da Xunta estiveron caídas durante horas. 

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta