Temas: EDUCACIóN

Critican a Educación por favorecer a docentes do resto do Estado fronte aos galegos

O STEG denuncia que os galegos vense prexudicados porque non se esixirá a acreditación do coñecemento da lingua galega para moitas das prazas “cumprindo o mínimo” o Decreto de Plurilingüismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación publicaba este pasado venres a Orde que regulará o Concurso Xeral de Traslados do presente curso. Unha orde que foi duramente criticada polo Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) por entender que se beneficia a docentes do resto do estado fronte aos do país.

Unha profesora durante unha clase de galego no Bierzo
Unha profesora durante unha clase de galego no Bierzo

Unha situación que ven motivada, principalmente, por non pedir a acreditación do coñecemento de galego en moitas das prazas abertas. “É un auténtico escándalo”, asegura este sindicato que di que só se esixirá acreditación do coñecemento da lingua galega ás persoas que queiran acceder a prazas nas especialidades de Educación Infantil, Educación Primaria e Ciencias Sociais na etapa de infantil e primaria, e nas especialidades de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia na etapa de secundaria. “Isto é, cumpren o mínimo do Decreto de Plurilingüismo e semella que aínda temos que dar as grazas”, engade.

“Coa excusa de que coa diferencia de baremación non se vexan prexudicadas as persoas de fóra do noso territorio, esta convocatoria, que debería ser de ámbito autonómico, ábrese a que participe o persoal docente do resto do estado”, indica este sindicato nun comunicado. “Non chega con que reiteradamente as vacantes que saen a concurso son en cantidades irrisorias, non chega con que exista un colectivo de docentes que levan ata 10 anos en expectativa de destino, senón que cando se convoca un CXT que debería ser exclusivo para o persoal con destino en Galiza tamén hai que competir polas vacantes con persoas que non teñen o seu destino aquí”, critica.

Por iso, o STEG denuncia que a Consellería “está a facer trampas ao solitario”, xa que tanto na Lei do Emprego Público de Galicia coma nas diferentes convocatorias de emprego público para o persoal docente se esixe que para ingresar á función pública docente en calquera dos seus corpos e especialidades é indispensábel a acreditación do coñecemento do galego. Tamén lembran que se recolle nas ordes que regulan os horarios do profesorado que, sexa cal sexa a súa especialidade, o persoal docente pode completar horario impartindo materias para as que a propia Consellería recoñece a necesidade do requisito lingüístico nesta orde.

“Dende o STEG imos seguir loitando pola dignificación da lingua galega no eido do ensino público, e seguiremos esixindo á Consellería que cumpra o seu deber de protexer e difundir o uso da nosa lingua”, indica nun comunicado no que pide a acreditación do coñecemento da lingua galega para todas as persoas que soliciten unha vacante en Galicia e que se solucionen as discrepancias de baremación entre Galicia e o resto do estado.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Llorona

Ademais aquí en Galicia o galego é unha imposición brutal dos nacionalistas. Xa o sabedes. En verdade, os vosos laios son patéticos.

1 Lllorona

A ver almas cándidas pero que esperades. Isto é Galicia: ano tras ano e século tras século apoiaredes aos mesmos (e agora que xa son case tripartito con Ciudadanos e PSOE). Nunca se pide nada. Sempre se está pendente de Madrí e do que di Madrí. Ata aquela forza da natureza que é Beiras acabou sometendo a cabeza ás ordes duns mociños madrileños. Francamente, non sei cal é a protesta. Nós ao que se diga en Madrí de toda a vida. Deixade de laiar...

1 que país¡¡¡

Desgraciadamente concordo