O mosteiro de Celanova, a lingua e as privatizacións

Por Carlos Callón | | 03/12/2010

Comparte esta noticia

Saio agora mesmo, con cautela polo xeo e a neve, camiño de Ribadavia e de Ourense. Mais, antes, quero deixar tres opinións telegráficas nesta bitácula:

1) Propóñovos que cliquedes e divulguedes a páxina web que está aquí, en apoio á Plataforma en Defensa do Uso Público do Mosteiro de Celanova.

2) Quero expresar a miña discordancia co artigo de hoxe en Xornal de Galicia do ex vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Sinteticamente, por dous motivos principais: por aplicarlle a quen criticamos o informe do IGEA ideas que non defendemos e por negar o español como lingua imposta. De verdade no ensino, na administración e nos medios de comunicación o galego de aquí e de agora non é un idioma imposto?! O galego abandonouse e abandónase pola súa falta de eufonía?

3) Desexo unir tamén a miña voz a todas as que rexeitan de forma enérxica a febre de privatizacións que se están a producir tanto en Galiza como no Estado disque en nome da austeridade e de levar a calma á voracidade dos mercados. Que non nolo mistifiquen: isto só é riqueza para uns poucos e menos capacidade de actuación para beneficio das maiorías sociais.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Callón Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e presidente honorífico da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varias obras, entre as cales o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o ensaio Amigos e sodomitas e o poemario Atravesar o fantasma.