Alertan que o colapso nas Urxencias mingua a calidade asistencial

Asgate denuncia que os técnicos en emerxencias están "retidos" nos hospitais ata que se atopa un lugar axeitado para que os pacientes reciban atención urxente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/01/2018 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (Asgate) alerta que, dende hai unhas semanas, o persoal que atende as urxencias sanitarias extrahospitalarias sufriu un incremento considerable na carga de traballo, algo que ven sucedendo habitualmente pero que nestas datas púxose en clara evidencia. Isto repercute no colapso dos hospitais galegos, xa que os recursos son limitados e non poden asumir a carga asistencial que é requerida, segundo denuncian dende Asgate.

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña | Fonte: @urg_CHUAC.

O colapso nas Urxencias dos hospitais, apuntan dende Asgate, afecta directamente o desenvolvemento do traballo da estrutura sanitaria, pero principalmente aos técnicos en emerxencias sanitarias (TES), que en moitos casos están retidos nas instalacións sanitarias ata poder facilitar un lugar confortable para que os pacientes reciban atención urxente, coa consecuente demora para poder realizar novas urxencias.

O incremento de servizos é notable en todo o país, sendo mais elevada nas principais cidades, o que fai sobrecargar o sistema e sobre todo os profesionais, xa que seguen contando cos mesmos recursos ano tras ano malia que cada vez aumenta considerablemente estes servizos.

Desde Asgate tamén se denuncia que, comeza ser habitual, para cubrir as urxencias sanitarias, a mobilización de ambulancias por parte de ONG e mesmo ambulancias nas que só vai un técnico, que conduce, co que os pacientes van sós na cabina asistencial durante o traslado, facendo imposible atender as necesidades que lles poidan xurdir. E aseguran que os técnicos en emerxencias sanitarias están a dar o 110% para que o usuario note o menos posible o colapso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 DOUTRO FRANCOSTIN

creo que lle sacaron a roda de reposto a medicalizada pois polo visto pesaba varios centos de quilos mais do estipulado, sacaronlle a roda de reposto e mais cousas... ha xa contratos moi baixos do 60 por cento do salario o primeiro ano e o 70 por cento o segundo ano e despois a patada do despido as empresas non queren xente fixa prefiren renovar a plantilla, botar a xente a rua... o dun so técnico soa a ambulancias convencionais que fan os traslados a centro de saude, rehabilitación, diálisis, etc... o 061 si o deixan e capaz de mandar o carrito dos xeadosa a un accidente de trafico! MIREN SI O XEFE DE SALA DO 1-1-2 RUEDA VALENCIANO ESTA METIDO TAMEN NESTE LIO!!!! SIGUE SEN DIMITIR A PESARES DAS MENTIRAS E DOS QUEIMADOS VIVOS NOS LUMES