Temas: SECA AUGA

A reserva de auga segue medrando

A reserva hidráulica galega continua subindo tralas choivas da última semana e os encoros sitúanse xa ao 58% da súa capacidade, por riba do nivel que albergaban o ano pasado por estas datas.

Por E.P. | Compostela | 09/01/2018 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A reserva hidráulica galega continuou subindo durante a última semana e os encoros sitúanse xa ao 57,95% da súa capacidade, por encima do nivel que albergaban o ano pasado por estas mesmas datas.

Auga almacenada nun encoro.
Auga almacenada nun encoro. | Fonte: Europa Press

Segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Medio Ambiente, a reserva de auga do Miño-Sil elévase ata o 53,3%. Conta actualmente con 1.614 hectómetros cúbicos de auga, por riba dos 1.447 da semana pasada e dos 1.401 que presentaba o mesmo día de 2017. Con todo, o dato queda lonxe da media da última década: 1.943 hectómetros cúbicos.

Na demarcación Galicia Costa, a reserva aumenta ata o 62,6%, ao pasar de 356 hectómetros cúbicos a pasada semana a 428 a actual. Do mesmo xeito que ocorre na outra conca galega, a reserva de auga tamén se sitúa por encima dos valores do pasado ano (cando albergaba 314 hectómetros cúbicos), e vaise achegando a media dos últimos 10 anos: 458 hectómetros cúbicos.

Temas: SECA AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta