O fiscal acusa de fraude ao irmán de Telmo Martín

Unha das empresas involucradas é Sercoysa, da que foi directivo o actual conselleiro de Infraestruturas.

Por Walter Burns | Sanxenxo | 12/01/2011 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Ramón Martín González, irmán do candidato polo PP a alcalde Pontevedra, enfrontase a unha querela por defraudar á Facenda. O volume da fianza imposta por un xulgado de Cambados, máis dun millón de euros segundo publicou hoxe El País, dá idea da importancia do presunto fraude.

Ramón, que como Telmo tamén opera no sector inmobiliario, lideraría unha trama de empresas que intercambiaría facturas irreais para non ter que pagar impostos dos beneficios sacados das operacións inmobiliarias.

Un dos pagos non declarados involucra á inmobiliaria Sercoysa. Trátase dunha empresa da que o actual conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández, foi apoderado dende agosto de 2005 até xaneiro de 2008.

Ramón Martín, segundo o fiscal, intermediaria para conseguir terreos para Sercoysa pero despois non declararía as facturas. Sercoysa é unha das firmas máis beneficiadas das adxudicacións de obras do Concello de Sanxenxo, que segue gobernando o PP,  da Deputación (que goberna o conservador Rafael Louzán) e da propia consellería de Infraestructuras. O departamento de Hernández adxudicou nesta lexislatura polo menos 2,3 millóns en obras á empresa da que foi directivo o Conselleiro.

Ademais, segundo confirmou GC no Rexistro Mercantil, Ramón Martín participa nas seguintes sociedades: Lauderhill International Trade, Suministros Industriales y Servicios Montenegro , Transportes Roalan Express sl., Kiam financial 2012 , Kendall Hispania Investment s.l. e Continental Consulting s.l., a maioría con sede na provincia de Pontevedra.

Abbaco Gestión Inmobiliaria S.L., Gestiones Empresariales de Pontevedra S.L., Redison Imexcom S.L. Unipersonal, Starnberg Business S.L. e Desarrollos y Proyectos Sacimar son outras das sociedades que está a investigar a Xustiza. Abbaco Gestión Inmobiliaria tería defraudado ao fisco por unha operación inmobiliaria en Sanxenxo, concello do que foi alcalde Telmo Martín.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 os de sempre

menos mal que nos queda o galicia confidencial para enterarnos de todo,porque as follas parroquiais de periódicos que hai en pontevedra controladas polo pp non contan nada,estan caladiños,solo falan cando hai inauguracions e mitins e bla bla bla...

3 Porco Jones

Manolos!!! ¿qué? ¿non dicides nada? ¿ou é que isto é todo un complot contra os PPodres?

1 Porco Jones

Xa, xa sei, para os PPodres corrupción e política son complementarias.....ALCAHUETES!!!!

2 Xacome

Louzán van a por ti, por fin

1 salustiano

estes o que queren , e que se cale todo e prescriba. a bodega agnus dei,un pelotazo con cartos publicos, eo pouco tempo venderona . a empresa de tres obreros e medio , que fai ducias de obras polo salnes ,as pequenas empresas dos seus amigos ,que facturan mais carto publico que acs ,que tiren da manta a ver si ñe cae o pouco pelo que ñe queda .

1 moraña

que sigan tirando del hilo , los que rodean a louzan y principalmente al que se conoce como su "chofer" . esta gente en la zona del salnes , se chupan todas las obras de la diputacion , xunta , concellos .mientras los demas empresarios , nos toca mirar para ellos

1 Marcos Torres

Si, si, que miren todo. En Barreiros leva cheirando a morto dende hai moitos anos e non hai quen lle meta man. Quen protexe aos cargos políticos de Galicia para que non haxa espectaculares detencións como en Valencia, Andalucía ou Baleares? É que temos uns xuíces apoucados? Ou é que está demasiado politizada a xustiza deste país?

2 somaisun

e de paso un repaso por Outes http://www.laopinioncoruna.es/secci...