Internet, a nova droga da mocidade

Os nenos prefiren máis navegar en Internet que xogar entre eles. Un estudo apunta que están unha media de entre dúas e catro horas diante dun ordenador con xogos online ou usando redes sociais e mensaxería.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 08/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O 25% dos mozos de Lalín afirma realizar un consumo  medio superior a 4 horas ao día diante dun ordenador e o 42,3% considera que o uso de internet algunha vez restou rendemento no ámbito académico. Pola súa banda, un 37% sufriu sensación de ansiedade cando tentou conectarse e non foi capaz.

Son parte dos resultados dun estudo sobre os hábitos de uso de Internet por parte da mocidade de Lalín que sinalan que as redes sociais e a mensaxería ocupan a maioría do tempo que os máis novos dedican a internet. Os xogos online e as compras son dous dos factores máis susceptibles de provocar condutas compulsivas en internet.

O informe sobre internet baséase nas enquisas que cubriron anonimamente alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO dos IES Laxeiro, Aller Ulloa e Sagrado Corazón, cun rango de idade comprendido entre os 13 e os 16 anos. Destes, o 52,6% foron mulleres e o 47,4% homes. Como dato introdutorio, segundo a análise do informe, o 58% recoñece as adicións como condutas repetitivas que danan, pero só o 14,9% recoñece que presenta algunha na actualidade. Pola contra, o 60,5% asegura que alguén do seu círculo de familiares e de amigos padece algunha adicción.

O consumo abusivo de internet e das novas tecnoloxías entra dentro das denominadas adiccións comportamenteais ou conductuais. Estas presentan un patrón igual ás adiccións por sustancias químicas, xa que se fai patente a necesidade de repetir cada vez con maior frecuencia o comportamento para lograr a satisfacción e producen dependencia ou síndrome de abstinencia, entre outras consecuencias.

ADICCIÓNS

Dentro deste tipo de  condutas, as  máis habituais na adolescencia son as adiccións ás novas tecnoloxías, a internet, aos xogos e ás compras. O uso de internet pode ser problemático cando o número de horas de conexión afecta ao correcto desenvolvemento da vida cotiá, causando, por exemplo, estados de somnolencia, alteracións no estado de ánimo, redución das horas adicadas ao estudo etc.

O 100% dos nenos enquisados asegurou que dispón dun dispositivo móbil de última xeración propio. Actualmente, a rede social máis empregada polos adolescentes lalinenses é o instagram.

Tamén o 77% dos participantes realiza un uso de internet persoal e o 20,9% di permanecer sempre conectado máis tempo do que tiña planificado. En relación ao uso de internet nas relacións mantidas co entorno, o 85% nunca deixou de facer plans cos amigos e familiares para usar internet, pero o 36,7% refire enfadarse cando alguén o interrompe mentres usa o móbil ou outro dispositivo. Así mesmo, o 42,3% considera que o uso de internet algunha vez restou rendemento de xeito negativo no ámbito académico e un 37% sufriu sensación de ansiedade ou preocupación cando tentou conectarse e non foi capaz.

XOGOS E COMPRAS

O 40% dos participantes fan un uso de xogos por internet e o 19% dos participantes utiliza o comercio electrónico no seu uso habitual de internet. O 46,9% dos participantes sentiu algunha vez a necesidade de comprar algo que non precisase e un 7% sempre sente a necesidade de ir de compras aínda que non precise nada.

O concelleiro de Benestar Social de Lalín, Nicolás González Casares, presentou este mércores os resultados deste estudo realizado no marco do programa municipal de prevención das adiccións que se desenvolveu o ano pasado e que terá continuidade no actual en colaboración co Concello de Silleda. Este informe busca, segundo Casares, “ser un espello da realidade lalinense no referente aos trastornos aditivos e servir como base para que as persoas que se encarguen de traballar sobre a prevención teñan un marco de referencia”.

Nicolás González Casares fixo fincapé en que o estudo aporta datos reais da sociedade lalinense e que servirá como a base sobre a que pivotará o programa de prevención de condutas aditivas, que se iniciou o ano pasado con estudios e diversos talleres incluídos no programa Mocidade Activa e que terán continuidade este ano en colaboración co Concello de Silleda.

Navegando por Internet
Navegando por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr.

Mozo navegando na Internet cunha tableta
Mozo navegando na Internet cunha tableta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Mari Carmen

La verdad es que internet está suponiendo un gran cambio en muchos aspectos. Mis hijos no paran de pedirme el móvil o el portátil para entretenerse cuando antes eso era impensable..por suerte hay aplicaciones muy buenas que además de entrenerlos educan como animal crossing pocket camp para pc y similares juegos de granjas.

3 rastreador

Está claro que, con la llegada de los smartphones, supuso un cambio en nuestro estilo de vida. Ahora bien, hay que controlar mucho el uso de ellos, pues un abuso puede causar adicción tal y como estamos viendo. Es algo que hay que tener en cuenta si le damos un telefono movil o celular a nuestros hijos.

2 anonimo

Serían interesante que se realizaran estudos deste tipo en todos os concellos galegos

1 marcos854

Muy interestante. Grcias por compartir!