Por Xurxo Salgado | O Grove | 21/02/2018 | Actualizada ás 14:34
Un xulgado ordenou este martes o secuestro do libro "Fariña", unha investigación do mundo do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90 e que foi escrito polo xornalista Nacho Carretero. Un secuestro que se fixo a instancias do ex alcalde do Grove, Alfredo Bea Gondar, ao considerar que se atentaba contra o seu honor nalgunhas partes desa obra na que se aludía a súa relación co narcotráfico.
Pero Bea Gondar, a pesar de pasar polos xulgados polas súas presuntas relacións co blanqueo de diñeiro do narcotráfico, non estivo só nos momentos nos que as cousas se comezaban a torcer xudicialmente.
A comezos dos 90, o hoxe presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, --entón vicesecretario xeral popular e xa ex presidente da Deputación de Pontevedra--, paseouse polo Grove nun autobús cargado de militantes populares con bandeiras de AP e pancartas que rezaban “Resiste Alfredo, AP está contigo” para defender ao alcalde Bea Gondar.
Nese momento, o ex rexedor levaba máis dun ano sen convocar plenos municipais. Un “Resiste Alfredo” que se parece moito ao famoso “Sé fuerte, Luis”, en alusión á famosa mensaxe que lle mandou a Luis Bárcenas, ex tesoureiro do PP cando estaba sendo investigado pola xustiza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.