O Colexio de Procuradores da Coruña insta a negociar "sen máis dilación" un acordo no conflito de xustiza

Alerta dos "graves prexuízos no presente e no futuro" ante o adiamento de xuízos e declaracións

A CORUÑA | 21/02/2018 | Actualizada ás 15:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Colexio de Procuradores da Coruña, que integra aos profesionais dos partidos xudiciais da Coruña, Ferrol, Betanzos, Carballo e Ortigueira, instou á Xunta e aos sindicatos a negociar "sen máis dilación" un acordo no conflito de xustiza.

Nun comunicado, apelan a este acordo "na súa condición de representantes dos dereitos e intereses lexítimos dos cidadáns ante os Tribunais de Xustiza".

Fano tamén "como consecuencia das graves disfuncións que padecen na actualidade os xulgados e tribunais da nosa comunidade autónoma", apuntan sobre os efectos dunha folga con carácter indefinido dos funcionarios da Administración de Xustiza.

PARALIZACIÓN NOS XULGADOS

Os procuradores reclaman que se retome "o diálogo" e que se acade "un acordo satisfactorio" en aras "do interese xeral, da sociedade, da cidadanía e do adecuado funcionamento da Administración de Xustiza".

En liña con esta demanda, insisten na necesidade de lograr un acordo "que poña fin inmediato á actual situación de paralización dos nosos xulgados e tribunais, dados os graves prexuízos de presente e futuro que se están ocasionando", remata en alusión ao atraso de xuízos e declaracións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta