A Unión Progresista de Fiscais pide medidas para avanzar na igualdade e a corresponsabilidade entre xéneros

A Unión Progresista de Fiscais (UPF) súmase ás reivindicacións do 8 de marzo, Día da Muller, pola "necesidade" da igualdade entre xéneros e para reclamar medidas para "avanzar en materia de corresponsabilidade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 12:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Unión Progresista de Fiscais (UPF) súmase ás reivindicacións do 8 de marzo, Día da Muller, pola "necesidade" da igualdade entre xéneros e para reclamar medidas para "avanzar en materia de corresponsabilidade".

En concreto, segundo explicou nun comunicado, o organismo pide iniciativas que permitan "eficazmente" a conciliación da vida profesional, persoal e familiar.

Para iso, considera "imprescindible" un regulamento do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal (EOMF) que garanta que as licenzas de maternidade e paternidade queden cubertas por substitución externa e lograr que os fiscais teñan un permiso de paternidade de 30 días do que, segundo indicaron, "xa gozan o resto de traballadores públicos e privados".

Por todo iso, a UPF reafirmou o seu "compromiso" cos valores de igualdade. "Queremos recoñecer e celebrar que a nosa sociedade vaia alcanzando un cada vez maior grao de concienciación sobre a necesidade de chegar á plena e efectiva igualdade entre homes e mulleres", puntualizou á vez que admitiu "que aínda queda moito camiño por percorrer".

Así, lembrou que no ámbito laboral as traballadoras enfróntanse a unha "inxusta fenda salarial" e ao "teito de cristal (...) a pesar da súa excelente formación e capacitación". "Aínda estamos lonxe de alcanzar o obxectivo de lograr unha presenza equilibrada de mulleres e homes na maioría de sectores", subliñou.

Neste sentido, lamentaron que, a pesar de que o 64 por cento da carreira fiscal está formada por mulleres, os cadros directivos seguen ocupados nun 65 por cento por membros masculinos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta