Temas: TECNOLOXíA

A Xunta impulsa a competitividade con nanotecnoloxía

A Axencia Galega de Innovación (Gain) lidera un proxecto para a transferencia de nanotecnoloxía ás pemes innovadoras de Galicia e do norte de Portugal, para incrementar a competitividade da rede empresarial.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 18/03/2018 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Segundo un comunicado da Xunta, a iniciativa leva o nome de "NaNoeaters"  e foi presentada este domingo pola directora de Gain, Patricia Argerey, que destacou "que é un exemplo do interese e da relevancia do traballo científico que desenvolven os laboratorios das universidades e dos centros tecnolóxicos da Eurorrexión para aportar solucións efectivas para empresas".

Nota E Fotografías: Galicia Lidera Un Proxecto De Transferencia De Nanotecnoloxía
Nota E Fotografías: Galicia Lidera Un Proxecto De Transferencia De Nanotecnoloxía

Xunto con Gain, participan no proxecto as universidades de Vigo e Santiago, os centros tecnolóxicos Gradiant, AIMEN e ou automobilístico de CTAG e a fundación Biomédica Galicia Sur. O orzamento é de máis de catro millóns de euros cofinanciados polo Programa Operativo Cooperación Transfronteiriza España-PortugaL, POCTEP.

O goberno galergo explicou que o obxectivo principal desta actuación é desenvolver produtos e servizos "aptos para a explotación comercial" por parte das pemes galegas e portuguesas a partir das capacidades dos centros de investigación no ámbito da nanotecnoloxía e da industria 4.0.

Este domingo celebrouse unha reunión dos socios implicados, aí coñecéronse dez casos de uso en pemes innovadoras que desenvolverán actualmente dentro de NaNoeaters, que inclúen ámbitos diversos como medicina, automoción e o sector agroalimentario.


Temas: TECNOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta