Por E.P. | A Coruña | 18/03/2018 | Actualizada ás 20:38
Máis dun cento de persoas asistiron na Coruña á concentración convocada en memoria de Mame Mbay, inmigrante falecido en Lavapiés, Madrid. O obxectivo era sensibilizar sobre a situación en que están os cidadáns africanso en España e manifestarse contra o racismo.
A convocatoria partiu de Asociación Áfricca Universal con sede na Coruña, e que ten algo máis de cen asociados, deles o 99% son de Senegal. Co lema "Sobrevivir non é un delito", o colectivo comezou as súas protestas na praza das Conchiñas e seguiu ata o Obelisco, defendendo así que esta "xente está querendo sobrevivir"
"Por sobrevivir non teñen que martarnos, envían acusacións dun lado para outro, e todos sabemos o que está ocorrendo, algo vai mal se unha persoa que leva en España 14 anos non está regularizada, algo vai mal", dixo Laminne Sarr, portavoz da asociación que agradeceu a colaboración doutras entidades como Viraventos e Ecos do Sur.
"Non queremos racismo na nosa cidade nin na nosa sociedade" declarou Lamine Sarr, que proclamou que "basta xa de brutalidade policial sexas quen secxas". "Levo desde o 2000 en España e desde o 2002 na Coruña e eu tamén vivín episodios de racismo", denuncia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.