Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 10:46
A Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Coruña, "ante a excepcional situación xerada polos case dous meses de folga" na Xustiza na Comunidade galega, decidiu adiantar os pagos da quenda de oficio. Segundo informou a entidade colexial, preténdese con esta medida "tentar paliar a delicada situación económica que están a vivir os profesionais da avogacía".
Por iso, desde este martes iniciaranse os pagos do cuarto trimestre do ano 2017 da quenda de oficio, "medida que beneficiará a 878 colexiados", destaca o colexio coruñés. "Despois preto de dous meses de folga efectiva, a preocupante situación de inactividade está a afectar gravemente á cidadanía e aos profesionais, polo que o Colexio de Avogados acordou tomar esta medida para contribuír na mellora económica dos avogados adscritos á quenda de oficio", subliña a entidade colexial.
ACHEGAR POSTURAS
Ademais, por parte do Colexio de Avogados da Coruña "vólvese a instar á Xunta de Galicia e ao comité de folga para que realicen un esforzo por achegar posturas e alcanzar un acordo que poña fin a esta crítica situación da Xustiza en Galicia".
"Este escenario está a afectar gravemente á cidadanía e aos profesionais, ademais da as partes enfrontadas neste conflito", advirte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.