A Garda Civil denuncia a 5 persoas en Galicia por infrinxir a Lei de protección e benestar de animais de compañía

En tres dos casos tratábase de animais que estaban permanentemente atados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A patrulla do Seprona da Garda Civil da Coruña denunciou ante a autoridade competente a cinco persoas por infrinxir a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía esta última semana. En tres dos casos tratábase de animais que estaban permanentemente atados e en malas condicións hixiénico-sanitarias.

Tres investigados en Pontevedra por maltrato animal.
Tres investigados en Pontevedra por maltrato animal.

Segundo informou a Garda Civil, a primeira das actuacións levouse a cabo en Culleredo. Unha protectora de animais da localidade avisou que un individuo se achegou até as instalacións e, após abrir a porta do seu turismo, abandonou a un pastor alemán, que tentou seguir sen éxito ao coche, unha vez que emprendeu a marcha.

Afortunadamente, un traballador da asociación puido tomar imaxes e llas entregou á Garda Civil, que puido así identificar ao autor dos feitos. O propietario do can recoñeceu que o abandonou porque o tiña durante todo o día atado e sen posibilidade de soltalo un mínimo de tempo, tal e como establece a lei. Posteriormente, a patrulla puido comprobar que, ademais, o animal vivira nunha zona permanentemente atado, en "malas condicións hixiénico-sanitarias" e que "non posuía microchip nin pasaporte".

CANS ATADOS EN CAMBRE

Por outra banda, na zona da Patiña en Cambre, e tras recibir aviso dunha testemuña, tívose coñecemento de que se atopaba un can de grandes dimensións "atado de forma permanente e en malas condicións".

Investigado un vecino de Miño por maltrato animal
Investigado un vecino de Miño por maltrato animal

Unha vez que a patrulla se trasladou ao lugar comprobouse que había un pastor belga atado cunha cadea ao chan, nunha zona que estaba completamente embarrada, e que só dispuña dun pequeno habitáculo para resgardarse.

Tras ser identificado, o propietario recoñeceu que tiña ao animal nesas condicións porque tiña "medo de que se lle escapara e ocasionara un mal maior, polo que se lle comunicou a normativa vixente", informa a Garda Civil.

Tras uns días, a mesma forza acudiu ao lugar e constatou que a zona na que vivía o animal tíñase cercado, polo que o can xa non estaba atado. Aínda así, tívose que advertir ao dono que debía acondicionar mellor o lugar para que o can tivera unhas condicións mínimas de comodidade, seguridade, hixiénico-sanitarias e a resgardo das condicións climatolóxicas.

Tamén na localidade de Cambre, a mesma patrulla, cando realizaba tarefas do seu servizo, observou nunha leira agrícola unhas canceiras moi rudimentarias nas que permanecían tres cans de caza atados cunha cadea e rodeados de excrementos. Un deles, mesmo, só dispuña dun vello bidón metálico para resgardarse.

Após localizar ao propietario e informarlle da infracción, este sacou aos cans do lugar no que os tiña e cambiou o bidón por unha caseta.

CANS PERIGOSOS SOLTOS NA ZONA DE OZA-CESURAS

Por outra banda, tras recibir aviso dunha institución, a Garda Civil recibiu a alerta da presenza de cans perigosos soltos na zona de Oza-Cesuras, polo que se localizou e identificou aos seus dous propietarios, que foron denunciados por carecer da correspondente licenza para este tipo de animais, por non telos rexistrados no concello correspondente e por carecer de medidas de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta