Temas: CAN VIGO

Un can abandonado e encadeado durante sete anos, motivo de disputa en Vigo

Os animalistas aseguran que a súa situación evidencia "maltrato" e unha "cadea perpeteu prolongada", mentres que a Policía Local non ve motivo de sanción ao dono.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/04/2018 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Técnicos especialistas da Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber , denunciaron o estado  dun can "con pouca hixiene, rodeado de lixo e os seus propios escrementos e malvivindo atado a unha cadea parcialmente oxidada". Unhas circunstancias nas que levaría ao redor de 7 anos. Tras a denuncia desta entidade, a Policía Local e un veterinario acudiron ao lugar pero non consideraron degradante a súa situación, nin motivo de sanción ao seu dono.

Ambas as asociacións tiveron coñecemento do caso a través de varias mensaxes que, en redes sociais, advertían do pésimo estado do animal. Ademais critican a nota de prensa que a propia Policía Local remitiu aos medios de comunicación "para eximirse dunha falta de intervención".

Logo de ver fotografías e vídeos, os animalistas consideran que existen razóns suficientes para iniciar un procedemento de comiso cautelar deste animal, "cuxa contorna e comportamento evidencia unha cadea perpetua prolongada no tempo, nociva para o seu correcto desenvolvemento físico e psíquico, e que contravén os seus máis elementais estímulos naturais".

Os activistas cargaron duramente contra os axentes que, en lugar de preocuparse polo benestar do animal, din, "prefiren emitir un xuízo de valor a través dun comunicado". LIBERA! e Fundación Franz Weber, que felicitaron o pasado ano unha actuación anterior da UMIR de Vigo, tamén lembraban a urxencia de elaborar campañas preventivas para, evitar novos casos, como o que agora se presenta en Vigo.

Ambas as organizacións xa asesoran aos veciños e outras entidades que se implicaron no caso, expondo a posibilidade de trasladar o contexto de potenciais malos tratos continuados ante a Xunta, para que sexan funcionarios autonómicos quen elaboren un informe independente e profesional. Do medio colaborador vigoalminuto.com

Can encadeado en Vigo e motivo de disputa entre animalistas e Policía Local polo seu estado
Can encadeado en Vigo e motivo de disputa entre animalistas e Policía Local polo seu estado | Fonte: Libera

Temas: CAN VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta