Juan Merlo ratifica a súa renuncia como deputado tras inflar o currículo

A consulta interna sobre o futuro de Paula Quinteiro mantense en suspenso e este mércores non hai coordinadora convocada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2018 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O xa exdiputado do Grupo de En Marea Juan Merlo ratificou este martes ante a Mesa do Parlamento a súa renuncia como deputado autonómico. Isto acontece tras coñecerse que no seu currículo aparecía como enxeñeiro sen ter os estudos acabados. Ademais de deixar o seu escano na Cámara autonómica, tamén renunciou a continuar como secretario de Organización de Podemos Galicia.

Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia
Juan Merlo, deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia | Fonte: Europa Press

Agora actívase o procedemento para que a xunta electoral envíe as credenciais ao seguinte na lista. Sería o coordinador de Marea de Pontevedra, Xoán Hermida, aínda que anunciou en días pasados que renunciaría. O integrante da marea pontevedresa, xusto antes de coñecerse a renuncia de Merlo, avanzou que non optaría ao Parlamento se Paula Quinteiro, a deputada implicada nun incidente coa Policía Local de Santiago, presentaba a súa dimisión.

Hermida quixo con este anuncio "elevar" o "listón" da ética dentro de En Marea, xa que días antes transcendera que nunha multa de tráfico que lle puxeron en Pontevedra figuraba que se enfrontou ao axente da Policía Local por porlle a sanción.

"NON ME CORRESPONDE A MIN", DI VILLARES

A seguinte na lista é Julia Torregoso, membro de Podemos Galicia, o que posibilitaría á formación que lidera Carmen Santos manter o peso da súa formación dentro do grupo parlamentario.

Polo de agora non se falou abertamente deste nome por parte de ningún dirixente de En Marea nin de Podemos Galicia, á espera de que se ratifiquen as rotacións avanzadas. Sobre este tema, o voceiro de En Marea no Parlamento, Luis Villares declarou que "iso non me corresponde a min" ao ser preguntado por se se puxo en contacto con Torregoso.

De feito, Luís Villares indicou que aínda faltan xestións por facer e que "se verifiquen renuncias e se verifique quen é a seguinte na lista". "Hai que comprobar a quen lle corresponde", manifestou, en resposta á pregunta formulada na rolda de prensa posterior á xunta de portavoces.

CASO QUINTEIRO ABERTO

Precisamente, mentres que Merlo dimitiu e Villares indicou a Paula Quinteiro que debe tomar "exemplo" do seu compañeiro de filas e de grupo parlamentario, Paula Quinteiro non ten previsto dimitir e as feridas respecto diso continúan abertas.

A líder de Podemos Galicia diferenciou a situación de Quinteiro e de Merlo e segue apoiando a continuidade da parlamentaria. Todo iso, mentres a dirección política de En Marea mantén en suspenso o impulso dunha consulta interna, como avanzara Villares que se chegaría a realizarse se Quinteiro non dimite.

POLO MOMENTO NON HAI COORDINADORA

Preguntado por esta cuestión, Villares rexeitou este martes "comentar este asunto". "Non teño máis nada que comentar", resolveu, ao ser interpelado polo caso de Quinteiro e de Merlo. Tamén indicou que descoñecía nese momento a orde do día da coordinadora que se celebra todos os mércores de forma habitual.

Fontes próximas a En Marea indicaron que para esta semana non está convocada por agora a reunión da coordinadora. Este é o órgano que se corresponde cunha executiva dun partido tradicional. A non convocatoria responde á falta de quórum dos seus integrantes e que, en todo caso, non se celebrará este mércores.

A semana pasada, a reunión deste órgano de dirección abordou cuestións de actualidade política. Non obstante, o encontro acabou sen ningún tipo de acordo sobre o caso de Paula Quinteiro. Sobre este punto, Villares dixo publicamente en distintas ocasións que a consulta é o último paso que se daría e que lle corresponde á deputada adoptar algunha decisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Que suspense

Expectantes a que o faga tamén Hermida

1 FARALDO

Primeiro a que o faga Paula Quinteiro

1 Pesebres non

Este en vez de Merlo deberíase chamar "Pájaro"....