O hospital de Monforte seguirá en folga logo da falta de acordo entre traballadores e xerencia

Desde o comité de folga anuncian que desde a xerencia do centro hospitalario non contemplan a ampliación de persoal.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 07/05/2018 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Os traballadores e traballadoras do hospital comarcal de Monforte continuarán coa folga. Así o manifestaron nun comunicado de prensa onde tamén destacaban "a tomadura de pelo" que para eles supuxo a reunión cos responsables do hospital.

Hospital de Monforte
Hospital de Monforte | Fonte: xxilugo.sergas.es

No comunicado enviado aos medios dise que desde o equipo xerencial "non aceptaron ningún dos puntos da convocatoria de folga". Remarcan este punto ao falaren de aumentar o número de traballadores e traballadoras para o centro. "O máis importante, que é o aumento de persoal, nin o contemplan".

A contrapartida ofrecida pola xerencia foi a de "cambiar o tipo de contratación de tres enfermeiras". Desde o comité de folga ven nesta oferta e na actitude do equipo de dirección do hospital monfortino, como unha "tomadura de pelo" para tentar paralizar a folga.

Os traballadores e traballadoras do centro hospitalario de Monforte anuncian no comunicado de prensa que mañá ás 12:00 haberá unha concentración diante das instalacións hospitalarias, "e pedimos que toda a cidadanía participe".

Así mesmo, o venres día 11 de maio ás 10:00 da mañá sairá un autobús gratuito para facer unha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta