Ferrol mobilízase este xoves contra os abusos da empresa de augas Emafesa

A plataforma Remunicipalización convoca unha concentración este xoves ás sete e esixe ao alcalde que abra unha investigación a fondo sobre as irregularidades da compañía na que participa ACS, empresa de Florentino Pérez.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compotela | 04/06/2018 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

"Non ás facturas das augas, abusivas, con lecturas estimadas avultadas e irregulares". Esta é a maior reivindicación que xorde estes días nas rúas de Ferrol. A empresa mixta de augas Emafesa, xestionada pola multinacional privada Socamex-Urbaser, busca liquidez económica "facendo un cobro masivo de facturas", segundo denuncia a plataforma. Nalgúns casos mesmo chegan a cobrar 37€ por riba do permitido legalmente.

Planta da depuradora de Ferrol / Facua Planta da depuradora de Ferrol / Facua
Planta da depuradora de Ferrol / Facua Planta da depuradora de Ferrol / Facua

Así pois, queda convocada unha mobilización este xoves diante da Casa do Concello para esixir unha Taxa Xusta, Aplicada e Participativa, unha auditoría integral a Emafesa e a devolución da Depuradora de Augas de Galicia mentres non sexa constituída como ente mancomunado. "Queremos unha Emafesa 100% pública, libre da xestión privada que nos afoga e que leva a máis-valía fóra de Ferrol", reivindican.

A plataforma tamén se queixa da pasividade do Concello e asegura que o anterior alcalde J. M. Rey Varela "asumiu unha depuradora que non funcionaba". E agora, o goberno de Jorge Suárez "fai caso omiso ao seu propio programa e á palabra dada". Por iso, maniféstanse así mesmo para esixirlle ao alcalde que free os abusos da empresa e que poña en marcha a solución legal para que o Concello de Narón poida pagar a depuradora.

Denuncian, ademais, a Augas de Galicia e á Xunta por endosar ao concello un sistema de saneamento que comeza a arrastrar unha débeda millonaria que pon en risco a viabilidade económica de Ferrol. A empresa mixta de augas de Ferrol (Emafesa) está participada co 49% por Socamex filial de Urbaser para o ciclo da auga. Até 2016 a empresa formaba parte da corporación ACS de Florentino Pérez, mais foi vendida a Firion Investments, do grupo chinés CNTY.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta