Inspiraciencia premia os mellores relatos científicos en galego

Adrián Casanova Chiclana, de Monforte de Lemos, na categoría adulta, e Julia Nieto Mantiñán, de Betanzos, na xuvenil, premiados no concurso literario que organiza o CSIC.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/07/2018 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) fixo públicos e entregou esta fin de semana os premios da VIII edición de Inspiraciencia, certame de relatos en español, galego, catalán e eúscaro.

Gañadores da VIII edición de Inspiraciencia
Gañadores da VIII edición de Inspiraciencia | Fonte: CSIC.

En lingua galega, o primeiro premio adulto foi para o texto 'Por un  puñazo de SNPs', de Adrián Casanova Chiclana, de Monforte de Lemos. E foi finalista 'Vida', de Javier García Belo, de Sada.

O primeiro premio xuvenil para textos en galego foi para 'Sempre non  meu corazón, Ada”, de Julia Nieto Mantiñán (Betanzos, A Coruña). Foi finalista 'Información', de Rodrigo Justo Fernández, de Verín.

VIII EDICIÓN DE INSPIRACIENCIA

Inspiraciencia e un concurso de relatos de inspiración científica organizado polo CSIC a través da súa delegación en Cataluña, e que conta co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e a colaboración de numerosas persoas e entidades.

O xurado desta VIII edición estivo formado por Conxi Ayala Galán, Área de Xeofísica e  Teledetección do IGME, actualmente, de visita no Instituto de Ciencias da Terra Jaume  Almera; Joan Bausells, investigador do Instituto de Microelectrónica de Barcelona; Daniel  Closa, investigador do Instituto de Investigacións Biomédicas de Barcelona; Jon Elordi  Akordarrementeria, representante de  Euskal  Etxea Centro Cultural de Barcelona e profesor na Universidade Autónoma de Barcelona; Gonzalo Hermo, profesor asociado de Galego na Universidade Autónoma de Barcelona; Alba Losada Cuquejo, lectora de Galego (Xunta de Galicia) na Universidade Autónoma de Barcelona; Anna Roig, investigadora do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona; Pura Salceda, representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega; e  Pau  Solsona Boada, representante da Biblioteca da Sacra Familia de Barcelona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta