SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2018 | Actualizada ás 19:35 por EUROPA PRESS
O condutor dun turismo resultou ferido este luns despois de impactar o seu vehículo contra un camión na autoestrada AP-9, en Cambre (A Coruña). A continuación, foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia, segundo informa o 112.
Foron outros condutores os que informaron sobre as 16,30 horas do accidente, que se rexistrou no punto quilométrico 11 da autoestrada, en dirección a Santiago.
O turismo chocou primeiro contra o camión e despois foise contra a barreira de protección. Con todo, a persona estaba consciente e liberada, aínda que necesitou asistencia sanitaria e foi evacuada nunha ambulancia do 061 ao centro hospitalario de referencia.
No que respecta ao condutor do camión, resultou ileso, e tampouco lle ocorreu nada á carga que transportaba, 36.000 litros de combustible.
No operativo participaron os servizos sanitarios de urxencia, axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Betanzos e o Servizo Municipal de Protección Civil de Cambre.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.