A Xunta contrata por nove millóns a seguridade dos seus edificios a unha empresa vinculada ao PP de Madrid

Baltasar Santos, ex apoderado de Sasegur SL, estivo imputado en varias causas xudiciais. Tras ser alcalde de Navalcarnero durante 20 anos foi apartado da vida política por Esperanza Aguirre. O actual apoderado tamén foi ex edil do PP.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/07/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O pasado febreiro a Xunta asinaba un contrato millonario con Sasegur, SL, unha empresa radicada en Madrid e cuxo ex apoderado estivo implicado en varios casos xudiciais nesa comunidade. O obxecto deste acordo; levar todo o servizo de vixilancia e seguridade nos edificios administrativos da Xunta de Galicia. O valor do contrato: 9.056.658,81 euros.

Complexo administrativo da Xunta en San Caetano
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano | Fonte: eldiario.es

O 30 de abril tiña lugar unha segunda sintura para ampliar o contrato orixinal polo que a empresa pasaba a cobrar 858.000 euros máis para vixiar as 24 horas do día e os 365 días do ano das dependencias do Xacobeo no Monte do Gozo, en Santiago, desde o 1 de maio de 2018 ata o 31 de agosto de 2019.  O documento era rubricado por Beatriz Cuiña Barja, na súa calidade de secretaria xeral técnica da Vicepresiencia e Consellería de Presidencia, e pola outra, por Pedro Jesús Capote Conejos, actuando como apoderado de Sasegur SL.

Curiosamente, tanto esa empresa, como ese apoderado xa foran noticia e portada en varios medios por casos xudiciais en Madrid. De feito, a ex presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, tamén contratara a esta empresa para encargarse da vixiancia das súas sedes xudiciais nun concurso de 9,4 millóns de euros.

CASOS XUDICIAIS

O anterior apoderado desa empresa, Baltasar Santos, estivo imputado en varias causas xudiciais. Durante 20 anos foi alcalde de Navalcarnero polo Partido Popular, ata que foi apartado en 2015 pola ex líder e ex presidenta do PP de Madrid, Esperanza Aguirre. E, aínda así, o goberno de Cristina Cifuentes volveu contratar a esta empresa un ano despois, sendo apoderado Jesús Capote Calvo, o mesmo que asinou o contrato coa Xunta, e que tamén foi ex edil do PP.

Axente de seguridade privada de Sasegur
Axente de seguridade privada de Sasegur | Fonte: Sasegur

Esta mesma empresa, que se atopa no posto 18º no ranking einforma do sector, tamén foi contratada polo concello de Navalcarnero sendo Baltasar Santos alcalde do mesmo. Segundo publicou Vox Populi a traxectoria política de Baltasar Santos e Jesús Capote fíxoo coincidir como concelleiros do PP en Navalcarnero. Primeiro na oposición e logo no goberno local. Os dous recibiron o apoio de Rodrigo Rato. En 1995 accederon ao goberno municipal desta localidade madrileña. Santos fíxose coa alcaldía e Capote, coa presidencia do PP local e premer tenente de alcalde. 

Con todo, grandes diferencias políticas entre os dous fixeron que Baltasar Santos deixara a empresa Sasegur no ano 2000, ao tempo que Capote deixa a súa acta de edil. En 2015, Santos tamén sería apartado de todos os seus cargos tras estar imputado no caso Cuevas, no caso Polideportivo e nun procedemento na Audiencia Provincial de Madrid por ignorar informes da intervención municipal.

JESÚS CAPOTE

Pola súa banda, Jesús Capote, que asinou o contrato coa Xunta, foi concelleiro popular de Urbanismo e administrador único de Sasegur SL ata 2013, data en que pasou a figurar como apoderado da entidade, segundo consta no Rexistro mercantil. Á fronte da empresa substituino, desde entón, o seu fillo Pedro Jesús Capote Conejos. 

O pasado febreiro esta mesma empresa tamén se fixo coa seguridade da Biblioteca Nacional de Madrid por 3,8 millóns de euros, cando o goberno aínda estaba en mans do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta