Martiño Noriega: “Non teño ningún tipo de ambición para liderar En Marea”

Tras impulsar Compostela Aberta un movemento para renovar a dirección da formación que lidera Luís Villares, o rexedor de Compostela asegura que "leva toda a vida situándose" e que xa non necesita situarse "para nada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, negou que o movemento da formación que encabeza, Compostela Aberta, para liderar o proceso de renovación de En Marea sexa un intento para situarse para suceder a Luís Villares á fronte do proxecto rupturista. "Non teño ningún tipo de ambición", afirmou o rexedor.

Así se expresou Noriega este xoves, a preguntas dos medios nun acto celebrado na capital galega, na xornada posterior a que a asemblea de Compostela Aberta dese luz verde a unha resolución na que a marea santiaguesa ofrécese para encabezar un proceso de renovación de En Marea. Ademais, negou que co movemento da súa formación se trate de situar a súa persoa ante unha posible substitución de Luís Villares á fronte de En Marea. "Lévome situando toda a vida, non necesito situarme para nada. Non teño ningún tipo de ambición; sempre estou na eterna fuxida", asegurou.

Noriega, que sempre figurou nas quinielas para converterse en líder do espazo rupturista, foi unha das persoas que avalou no verán de 2016 a elección de Luís Villares para converterse en candidato de En Marea para as pasadas eleccións autonómicas. "Teño querenza por algo que levamos construíndo con moitas dificultades desde fai seis anos, que é o proceso de unidade popular. Temos unha responsabilidade; o cómodo sería non exercela, pero preferimos vivir no espazo de incomodidade porque é o único que pode cambiar o estado das cousas", asegurou este xoves.

“CORRESPONSABILIZARSE”

A proposta da formación que goberna a capital galega desde 2015 chama a "corresponsabilizarse" a todos os axentes do espazo da chamada "unidade popular" para a configuración dunha "mesa da confluencia". Ademais, pide o adianto das eleccións aos órganos de dirección do partido instrumental ao mes de setembro para que este proceso non coincida co período "preelectoral" das municipalistas.

Noriega encadrou o xesto de Compostela Aberta nun acto de "responsabilidade" para exercer "un labor de intermediación desde unha posición que é a de recoñecer que o Consello das Mareas non reflicte a totalidade do espazo", como levan denunciando certos sectores do universo rupturista desde a configuración dos órganos de dirección do partido instrumental, encabezados por Luís Villares, e que no seu día se impuxeron ao sector que liderado Compostela Aberta, Marea Atlántica, Ferrol en Común e sectores afíns a Anova, Podemos e EU.


"ESTABLECER CANLES"

Así as cousas, o alcalde de Santiago apuntou que, unha vez aprobada a proposta pola asemblea de Compostela Aberta, o seguinte paso é "establecer canles coas mareas municipalistas, os partidos políticos e o propio espazo de En Marea" para configurar  unha "mesa da confluencia" que afronte o proceso de renovación do espazo rupturista.

Estes contactos serán asumidos pola coordinadora da marea compostelá que, en palabras do rexedor, crese "habilitada" para "exercer de mediadora" á hora de afrontar unha "reconfiguración" de En Marea. "Facémolo desde unha candidatura municipalista na que todos desarmamos as posicións de parte, aínda que todos temos as nosas orixes", afirmou Noriega, quen hai un ano e medio deu un paso á beira na formación á que pertence, Anova, para, segundo as súas explicacións, centrarse no seu traballo a nivel local.

ELECCIÓNS INTERNAS

Nesta liña, puxo o foco na necesidade de que "as partes" que configuran o universo da 'unidade popular' se "corresponsabilicen" en base a un "proceso de elección" baseado en "a filosofía un home/muller; un voto".

Por iso, lembrou que a proposta de CA é que se adianten a setembro (o calendario oficial establece que terían que celebrarse en xaneiro de 2019) as eleccións ao Consello das Mareas; tendo en conta que certas voces do rupturismo consideran que os órganos de dirección do partido instrumental están controladas por sectores que non representan a "pluralidade" do conxunto do espazo político.

A continuación, apuntou que non recibiron "ningunha resposta oficial" acerca da proposta por parte da dirección política de En Marea. Pola súa banda, este mesmo xoves, Villares indicou que a Coordinadora de En Marea non recibira o comunidado oficial de CA. Por outra banda, Xulio Ferreiro dixo que a dirección da Marea Atlántica decidirán en breve sobre o documento.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Compostela Aberta con Martiño Noriega, no almorzo de balance de nadal
Compostela Aberta con Martiño Noriega, no almorzo de balance de nadal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Bernal Calvo Delaciga

Trolls do BNG vomitando bile contra os seus fantasmas pasados, presentes e futuros, todos os días, ás mesmas horas, repetindo coma un mantra os mesmos ataques, atrocidades e insultos. Esa é a grande aportación do que queda do BNG á política galega actual. Así vos vai, rapazolos. Que vos preste.

1 Pincho Moruno

Estás tan perdidiño que precisas usar dobres nicks para aparentar que sodes máis... O de Comunista Independetista non che abonda, aqueloutro de LKI xa o gastaches, este fai ver o pouco decente que es. Do BNG nada agardamos, xa foi. Se cadra o tempo das Mareas xa pasou, tivo o seu éxito e matátela os envexosos para roubar os ovos de ouro (postos, colocacións e liberados). E pola indecencia demostrada: Paula, Pam, Yoli, Merlo... Agora, segue amosando que gañas un salario comentando con outro nick, que tal Chourizo a Soldo do Partido Madrileño?

5 purgante do vello

estanlle gardando a cadeira o amo o -VIEIRAS, pronto vai facer outra entrada gloriosa polos foros republicanos de maraña bosquimana do grupo podreiro mareante, pronto sabredes ben quen é o amo.... namentras tanto no espazo os militantes si podes escoitar os berros dos purgados... -Xuiz Villano a cousa pinta mal, pero que moi mal... - https://www.youtube.com/watch?v=Kkq...

4 RAMIRO DE YOLI

Martiño Noriega de monicreque de Yoli Procesiones e apostando por Unidos Podemos

1 comunista independentista

Repetídesvos demasiado. Hai psicóligos que vos poden axudar, cos traumas post-Amio, (b)loquitos. XDDDDDDDDDD

3 Que melenaza tes

Claro que non, ti o que queres é poñer un monicreque e baronear ti por detrás

1 O que queda do BNG

Como fai Paco Zarzuelas, no que queda do BNG e da U, coa Poltrona e o melenas do Néstor?

2 Va bajar la mareaaaaa

Néstor non creo que ande cunha pucha cheirando a suor no verán para tapar a calva como fai o teu Martito apoltronado home e explica dunha vez como fan ese suposto control no que queda do BNG, empuxan a xente para que vote o que queren eles ou que. Vos sempre con manobras de fontaneiro que xa se viu cantos quedades no baleirario do último minicongreso e xa non falamos das hostias fisicas de anova

2 comunista independentista

Grande e valente Martiño, futuro Presidente de Galiza!

1 monicreque madrilenho

Se lle deixa Pablo Iglesias, senhorito de Galapagar de la Sierra! E sería como o chorado Albor, un inutil que deixaria facer, un pelele galeguista (rianse) e independentista (escachen coa risa) de boquilla nas mans dos madrilenhos. Vivan os títeres galegos que se deixan mangonear por Madrid! E os seus laciaos, que son comunistas (de comer ben, como mantidos liberados) e independentistas (de Ikea republicana, como bons consumistas)!