Rajoy négase a explicar a foto do Moropa

Malia as estreitas relacións do PP de Cambados co sector pesqueiro, os conservadores alegan que o seu líder subiuse ao barco do clan dos Baúlos, implicados no narcotráfico, por mera coincidencia durante un acto sobre o sector pesqueiro.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 07/04/2011 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O PP non quere nin oir falar da foto de Mariano Rajoy no Moropa, un barco propiedade do clan dos Baúlos, históricos do narcotráfico e do contrabando en Galicia. Este mércores o líder do PP foi cuestionado pola prensa se prensa atender as peticións do PSOE e do BNG para que de unha explicación. "No" foi toda a resposta.

None

GC informou que a publicación desta imaxe en Xornal de Galicia foi o desencadenante da marcha de José Luís Gómez da dirección de Xornal de Galicia. O máximo accionista da editora, o dono da Constructora San José Jacinto Rey, foi presionado polo propio Rajoy nun intento de limitar o impacto da fotografía, revelada inicialmente por Público e que Xornal levou a portada.

Ningún outro dos grandes medios do país fíxose eco nin da imaxe nin dos motivos da marcha de Gómez. En contraste, medios estatais como Público ou a Cadena Ser abordaron estes tema. Por exemplo, o motivo da caída de Gómez centrou a columna de Miguel Angel Aguilar no informativo do mediodía da Ser. Velaquí o corte:

Apagamento informativo en Galicia

Cal é a explicación do PP á fotografía? Os conservadores apuntan a unha casualidade, unha imaxe puntual produto dunha coincidencia. "Subirse al barco no estaba previsto ni formaba parte del acto. Era la única embarcación que había en aquel momento al principio del muelle y alguien sugirió que sería una buena idea fotografiarse allí", argumentou un voceiro oficial ante a pregunta de Público.

En contra da explicación da simple coincidencia xoga a forte relación do PP local co sector pesqueiro de Cambados. Por exemplo, o actual candidato a alcalde polos conservadores foi oito anos o xerente da lonxa, que visitou Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, como relata esta crónica de La Voz.

Ademais, o propio Rajoy é habitual de Cambados, vila que frecuenta nas súas vacacións e na que exerce como Cabaleiro do Albariño. De feito, Rajoy inagurou varias veces o curso político tras o verán con actos en Cambados.

Nestas circunstacias sorprende que os responsábeis locais do PP deixaran subirse ao seu líder a un barco relacionado con narcotraficantes durante a un cato das europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos dende 2006 a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Vicioso

Como as vai dar se non se acorda de nada do que fixo alí,non lle mirades a cara que paqrece que esta flotando,porque será???

4 os de sempre

rajoy non da explicacións,pero ben que as pide él a todo o mundo cando da mitins por ahí adiante,iso demostra a clase de político que é,menos mal que xa todo o mundo o coñece...

3 Un de Redondela

A min paréceme moito máis grave que a visita ó barco o feito de que as súas presións teñan sido o desencadeante da caída do director de Xornal. Este caso escandaloso e silenciado polos medios de intoxicación pública dá a medida exacta do estado de putrefacción da "democracia a la española" e do que nos pode agardar se un tipo que emprega semellantes métodos mafiosos tan proprios do PP chega ó poder en Madrid, pois estará entón en disposición de dar premios ós "bos" e aplicar castigos ós "malos", tal e como xa llo ten avisado a algún, non si?.

2 pisacolebras

home, eu non creo que os PPerros sexan todos uns narcotraficantes, pero o que sí é seguro é que todolos narcos son PPerros. E claro, con esas amizades tan perigosas teñen que surxir estas cousas tarde ou cedo. E unha peniña, pero por esta zona das Rias Baixas o Partido Podre está cheo de narcotraficantes, furtivos, defraudadores e demais ignorantes, etc., pero claro, iso non quere dicir que o PP sexa soio iso... Non, non, teñen moito mais que de esa fauna...

1 ANTON

JA,JA,JA, Cabaleiro da Fariña