María Jesús Lamas Díaz, nova directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios

Lamas Díaz é doutora en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en farmacia hospitalaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/07/2018 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O Consello Reitor da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), dependente do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, nomeou como directora da AEMPS a María Jesús Lamas Díaz en substitución de Belén Crespo Sánchez-Eznarriaga, a quen agradeceu os servizos prestados.

María Jesús Lamas, nova directora da Axencia Española do
María Jesús Lamas, nova directora da Axencia Española do | Fonte: Redacción Médica

Lamas Díaz é doutora en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en farmacia hospitalaria e está acreditada como farmacéutica clínica en oncoloxía. Até agora ocupaba a xefatura de servizo da xerencia de xestión integrada de Santiago do Servizo Galego de Saúde.

Así mesmo, era coordinadora da área de plataformas e metodoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e entre 2012 e 2016 foi a directora de investigación da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria.

Na actualidade, estaba a liderar un proxecto colectivo para mellorar a saúde dos enfermos a través dos medicamentos e a súa experiencia co sistema. Tal e como ela mesma sinala no seu perfil de 'Linkedin', a innovación asistencial é o medio para transformar o modelo sanitario e centralo no paciente e os seus resultados.

"Proporcionamos atención farmacéutica individualizada aos pacientes ingresados no Hospital Clínico, Hospital Gil-Casares, Hospital de Conxo e Hospital Psiquiátrico; así como aos 1.050 pacientes residentes en Residencias Sociosanitarias da área mediante o convenio colaborativo Residencia-Sergas. Atendemos máis de 45.000 consultas farmacéuticas personalizadas", destaca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta