As galiñas, "símbolo" da muller traballadora

O alcalde de O Pino, o popular Manuel Taboada, inaugurou, con motivo do Día da Muller Traballadora, unha escultura no seu concello que indigna a oposición.

Por Xurxo Salgado | O Pino | 12/04/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Unha muller da aldea dándolle de comer a unhas pitas. Esa é a homenaxe coa que Manuel Taboada quixo homenaxear a “todas as mulleres” do Concello de O Pino. Unha escultura que causou perplexidade, sorpresa e indignación entre os grupos da oposición, non só porque a obra se teña inaugurado case ao límite da entrada en vigor da nova lei electoral, que impide este tipo de actos, senón pola imaxe que se dá da muller.

“A base da estatua e case tan grande como o propio busto. Por non dicir que unha muller dándolle de comer a unhas galiñas, non sei, pero creo que non se identifica en absoluto coa muller taballadora do 2011”,  asegura Begoña Pampín, candidata do PSOE ao GC.

A escultura foi inaugurada hai duas semanas nun acto, cualificado polos socialistas como “semi-privado”, e ao que asistiron só os concelleiros, un fotógrafo privado e un pequeno grupo de veciños.  Por iso, Pampín suliña que isto “demostra que en ningún momento se pensou en nós como mulleres á hora de deseñar a famosa estatua”. “ Algo que está máis que claro cando non se invitou as mulleres taballadoras do Concello a participar no acto, nin se tivo en conta en ningún momento a súa opinión. Se por outro lado estamos nunha sociedade que loita pola igualdade, son actos como estes os que non alonxan todavía máis dese fin”, precisou.

 Este grupo tamén denuncia ao alcalde por, en tempos de crise, inaugurar unha escultura de “malgusto” e piden que informe do seu custe, así como o dos “pinchos posteriores ao evento”.  “E logo fala de austeridade nos tempos que corren”.
 

None

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

12 Black Crow

Que chiquismiquis sois los nacionalistas. Esta estatua simplemente es un homenaje a las valerosas mujeres gallegas que antaño sostenían la casa y la familia mientras el marido estaba fuera de casa, embarcado o en la emigración. Así que reclamo al mundillo del BNG, contuberniado con el lobby feminista, que de una vez por todas deje de menospreciar a estas abnegadas mujeres, de las que mas que avergonzarnos deberíamos sentirnos orgullosos de ellas.

1 Porco Jones

Black Crow, le as novas antes de comentar anda. ¿Qué caralho terá que ver o BNG con esto? Por se non te enterache a liorta é entre Socialistas e PPodres. Coido que tes manía persecutoria co Nacionalismo Galego, pero iso está ben, cada vez que a un cipayinho coma tí lhe entran as paranoias eu alédome.

2 CranioF

E orgulloso me sinto eu, Corvo, o que pasa que nestes tempos de penuria, poñerse a gastar nestas parvadas é casi de Xulgado. Por outra banda, Porco, iso de "cipayo" sona horriblemente mal, lembra aos que todos sabemos. Supoño que non o dirás por quen se sinte español...

3 Porco Jones

Tamén eu son espanhol, pero non por iso deixo de ser maís galego que nada. Califico de cipayos aos que renegan e atacan a cultura e os intereses do seu proprio país. Por sar algúns exemplos de cipayos neste foro; Manolinho, Dani de las Islas Canarias ou un tal Ricardo L.

4 CranioF

Pois non todos os que dixeches atacan a cultura galega. Hai formas e formas de defendela. O tempo dirá quen estaba acertado e quen non.

5 Porco Jones

Sí Cranio si, segues na túa linha errática. ¿Que formas de defender a terra? ¿A túa? ¿A de Feijoo? ¿Ou a de Paco Vazquez? ¿Se cadra refireste á defensa do galego que fai iste governinho que temos? Ou, ¿pode ser que te refiras a ises grandes defensores do galego que son a metílica e a súa tropa de neofeixistas desnortados?

11 E isto e tan ofensivo?

Pois penso eu, e sen ofender a ningúen, q non o vexo tan mal... creo q se identifica mais ca Galicia do Pino unha muller dandolle de comer a unhas galiñas que unha enxeneira aeronáutica... Vamos que o de gastar cartos non me parece ben, pero que me parece q os do PSOE protestarían fixera o q fixera... Por certo, falo como unha persoa dunha vila como o Pino e con unha carreira superior e con ideas políticas moi afins as do PSOE...

1 Veciño de O Pino

pois para ser unha persoa con ideas progresistas, non deberias opinar da maneira que opinas. Seguro que os do PSOE non protestarian se poñeran o nome dunha rua. Clara Campoamor. Que mellor homenaxe que ese, e sen gastar cartos

10 veciño de O Pino

A min non me parece a estatua que mellor represente a muller traballadora, e menos que andemos a gastar cartos en epocas de crise. Se pensamos na muller o que teñen que facer os nosos alcaldes e crear políticas de emprego para as mulleres e homes pero sobre todo para as mulleres, seguramente co custo da estatua se pagaba un curso para as mulleres desempregadas do concello que nesta sociedade machista na que vivimos son as que sempre se lle cerran as portas o mundo laboral.

1 Anton

totalmente de acordo

9 independente do pino

Eche o que hai, as parroquias do norte do concello abandonadas, e o señorito de fuentecillas facendo estatuas, hai que joderse! temos o que merecemos.

8 Sebastiám

Andam desnortados os do PSOE do Pino ou que? Nom serei eu quem defenda alguém do PP, mas é claro que a mulher rural galega (cujo protótipo encarna bem a estátua, que bem podia ser minha mae ou minha avó), é um exemplo (e bem pouco reconhecido) da mulher trabalhadora. Decerto nom é a imagem mais representativa do século XXI, mas é-o do século XX. Temos umha grande dívida com o esforço das mulheres trabalhadoras rurais, maltratadas polo sistema e pola desmemória histórica.