Os galegos somos os que menos viaxamos en España

Unha enquisa do Instituto Nacional de Estadística (INE) describe Galicia como un dos territorios do Estado español no que menos se viaxa. Os motivos poden ir desde os económicos, enfermidade ou falta de tempo para poder moverse fóra.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/08/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A investigación do INE de xuño de 2018, sitúa Galicia e Andalucía como territorios onde a xente non parece ter moitos motivos para facer viaxes de tipo persoal, non só por vacacións. O caso é que do total enquisado polo Instituto, o 34% de españois non viaxa e os motivos son diversos.

Aeroporto de Santiago. AENA
Aeroporto de Santiago. AENA

No caso galego é máis do 40% as persoas sen interese en desprazárense. O 50% das enquisadas que non viaxan é por falta de diñeiro. O outro 50% repártese entre as persoas que non o fan por motivos de saúde e quen simplemente prefire quedar na casa, resolver os seus asuntos desde o fogar ou botar as vacacións na súa residencia.

Os compromisos laborais, cun 17%, son outro motivo polo que a xente non ten motivos para saír fóra, mentres que os motivos familiares levan un 13%. Hai máis motivos pero en xeral pesa sobre todo o económico para realizar movementos que mesmo inclúan por motivos de traballo ou estudos. O caso é que Galicia non parece ter moito interese nas viaxes, sobre todo nas de pracer, pero tampouco nas que as cuestións laborais ou académicas podan ser o motor dos desprazamentos.

Por outra banda, as mulleres viaxan máis que os homes, cun 51% fronte ao 49% dos homes. Máis do 66% de movementos fanse dentro do territorio estatal, algo menos do 29% viaxan tanto por territorio español como polo estranxeiro. Só un pouco máis do 8% se move polo estranxeiro unicamente. As cuestións xeracionais tamén pesan no  momento de decidirse. Dos 15 aos 34 anos máis do 75% móvense dentro e fóra das fronteiras estatais.

O número baixa dúas décimas entre persoas entre 35 e 44 anos. Dos 45 aos 64 anos a cousa vai diminuindo cara un 60%. A partir dos 65 anos o número de movementos ou viaxes diminúe de maneira destacable. Dentro de colectivos familiares son as parellas sen fillos as que máis se desprazan e adulto con neno os que menos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Fernando G

Así se entiende como puede haber gallegos que voten a una fuerza tan rematadamente retrógrada como el BNG.

1 EuropaSi

Máis ben é ao contrario. Precisamente como viaxan tan pouco é bastante faácil enganalos. E os emigrantes non contan porque había que explicar como se pode vivir nun país sen enterarse de casi nada. E escribo neste momento desde Europa, de turismo. Por certo, os españois que viaxan casi podían ter o sentidiño dos galegos e quedar na casa. Porque hoxe pola tarde vin un caso de cutredade que me deu vergoña compartir pasaporte, que tamén é o único que comparto claro... Pero ao largo destas semanas os que atopei é para escapar. Non me extrana a concepción que teñen en Europa deles.

2 Fernando G

A mi me pasó lo mismo hace unos años cuando me topé con una comitiva de mantenidos de la UPG en el aeropuerto de Bruselas que iban a pasar unos días a costa del contribuyente europeo. Mal aseados, varios con obesidad mórbida, groseros y prepotentes. Uno de ellos pretendía que le atendieran en gallego en el control de accesos del aeropuerto con el ridículo consiguiente. En fin, yo les quitaba el DNI español y por supuesto el pasaporte. Que pidieran asilo en Corea del Norte.

3 EuropaSi

Tu en Bruselas estiveches en sonos e a descrición que fas máis ben corresponde a esa subespecie que vos vota e que van a todas esas festas de porco ao espeto, carne ao caldeiro...

4 teutonio

Claro, porque nacionalismo galego non xurdíu na emigración e sobrevivíu no exilio, non teceu alianzas con outros movementos europeos como o corso, o bretón ou o galés, ou mesmo internacionais como as esquerdas latinoamericanas ou o Frente Polisario. De facto, a súa representante pra política exterior Ana Miranda seguro que fala moitas menos linguas e ten viaxado moito menos que unha eminencia como vostede.

1 Gamela

Unha será porque os galegos levamos a viaxe no noso ADN, outra será porque os galegos somos sabios e coñecemos sobradamente que as cousas non melloran facendo turismo! http://www.dim.uchile.cl/~anmoreir/...