Temas: 112 MALPICA

Envían un helicóptero medicalizado de Santiago até Malpica por un infarto

O aparato aterrou no porto da localidade onde esperaban Protección Civil e Policía Local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2018 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela desprazouse este xoves até o municipio coruñés de Malpica de Bergantiños após unha petición para prestar atención a un infartado.

Helicóptero medicalizado de Santiago aterrando no porto de Malpica.
Helicóptero medicalizado de Santiago aterrando no porto de Malpica. | Fonte: Europa Press

Deste xeito, tal e como informaron por parte do 112 Galicia, o helicóptero aterrou no porto de Malpica. Tamén foron mobilizados Protección Civil e Policía Local. Con todo, fontes da Policía Local da zona aseguraron que, finalmente, o helicóptero regresou baleiro, xa que o infartado foi trasladado até un centro de saúde en ambulancia.

Temas: 112 MALPICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta