O Concello da Coruña premiado polo seu "compromiso" co colectivo LGTB

O grupo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) "Milhomes" premia á Concellería de Servizos Sociais da Coruña por, entre outras iniciativas, impulsar o Día do Orgullo Gai.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 05/05/2011 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O colectivo de lesbianas, homosexual, transexuais e bisexuais "Milhomes" entregou á Concellaría de Servizos Sociais da Coruña a décima edición do premio Marcela e Elisa.

A asociación considera que as actividades de "sensibilización cidadá" emprendidas por este departamento municipal durante os últimos anos fano merecedor do galardón. Entre as iniciativas citadas por Milhomes atópanse o festival Coruña Visible, a celebración do Día do Orgullo Gai, o certame Cinema Visible, a rúa dedicada a Tomás Fábregas e a apertura da oficina de mediación para gais, lesbianas e transexuais.

None

"Compromiso destacado"

"Estes e máis temas puntuais son motivos suficientes para ter claro que estamos ante un compromiso destacado", indicou o colectivo por medio dun comunicado.

Milhomes aclara que o premio á Concellaría de Servizos Sociais non debe levantar sospeitas debido ao seu espírito combativo durante os últimos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Pijus magníficus

José Carlos, José Carlos... Se a maior parte dos gais son peperos, e mais abondosos canto mais novos son ¿non te pasarás de frenada? Os meus respeitos para ti, pero ¿que carallo é iso da oficina de mediación para GLTB? O movimento amósase andando e tamén habería que premiar ao PP por ter de concelleiros ou de conselleiros a gais, con toda normalidade, aínda que por esa mesma normalidade, ao mellor o premio sobra ¿Non lle andarás a facer a campaña ao SOE?

1 Sr_J

Normalidade no PP? Eu ainda nom escuitei a nengum dos conselheiros do PP falar abertamente da sua homosexualidade em público. É algo que reservam para a intimidade. Pola contra, os que tenhem parelhas heterosexuais nom se molestam em agachá-lo. O contraste é claro, assim que de normalidade, nada.

2 Menos mamporreros

¿Será que os do PP non van pola vida facendo de Boris e prefiren por exemplo a Jesús Vázquez, que tampouco ten por referente ás locas, ou o plumerío e desfases do día do orgullo? ¿Ti escoitaches algunha vez aos da U, que polo común lévano de xeito vergonzante, que falasen abertamente da súa homosexualidade? ¿Pacorro fala? ¿A que partido está próximo José Carlos? ¿Para que sirve esa oficina?

3 Pijus magnificus

¿Pepiño fala do que lle mola? Seino porque a un amigo meu, serio, e que me merece toda a confianza estívolle tirando os tejos coa súa cariña de baboso en Alvedro.