Ciudadanos inicia o camiño para implantarse en toda Galicia

Arrinca o curso político en Galicia coa previsión de pór en marcha 12 novos grupos locais. "Cada vez máis persoas descobren en Cs un novo proxecto político que responde as súas inquietudes", di a súa voceira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2018 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Ciudadanos arrinca o curso político en Galicia coa previsión de pór en marcha este mes de setembro un total de 12 novos grupos locais en toda a xeografía, o que supón que, no último ano, a formación laranxa crecería un 200% a súa presenza.

Olga Louzao (Cs). Europa Press
Olga Louzao (Cs). Europa Press | Fonte: Europa Press

A portavoz de Ciudadanos Galicia, Olga Louzao, sinalou que a primeira destas incorporacións será a do Porriño, este mesmo venres. O grupo estará encabezado por Sue Rial.  A esta seguiranlle as de Cambados, Silleda, Sanxenxo e Ortigueira, entre outras. "Todas con equipos moi preparados para gobernar", apuntou Olga Louzao nun curso político clave pola celebración, o próximo mes de maio, das eleccións municipais.

"A nosa evolución e asentamento foi imparable nestes últimos 12 meses en Galicia pasando a día de hoxe dos 6.500 inscritos, e segue adiante", remarcou Louzao, quen tamén avanzou que outras dez agrupacións de Cs serán presentadas no mes de outubro.

En opinión da portavoz, este "crecemento exponencial" débese a que "cada vez máis persoas descobren en Cs un novo proxecto político que responde as súas inquietudes e isto tradúcese en que se achegan, queren formar parte porque valoran un partido que chega sen débedas e sen sospeitas de corrupción".

Louzao destaca como un dos "valores fundamentais e chaves" para a confianza da xente en Cs é "o traballo ben feito; facer ben as cousas está a dar os seus froitos". Hoxe a estrutura do noso partido chega case ao 80 % da poboación", dixo Louzao, quen lembrou que as listas municipais coñeceranse no principio do ano no conxunto do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta