Plan Renove para as estradas de Lugo

A Deputación de Lugo realizará obras en 57 quilómetros de 28 estradas que pasan por once concellos desta provincia.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 07/09/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

Plan Renove para boa parte das estradas provinciais de Lugo. Serán 57 quilómetros de 28 estradas dependentes da Deputación de Lugo as que se arranxarán ao longo deste ano. Por iso, este venres a Xunta de Goberno provincial aprobou destinar tres millóns de euros que beneficiarán a 11 conellos.

Estado da estrada N-550 entre Lugo e Ourense, chega de fochancas e en mal estado
Estado da estrada N-550 entre Lugo e Ourense, chega de fochancas e en mal estado | Fonte: change.org

“Trátase dun novo investimento, que se enmarca dentro da aposta deste Goberno Provincial pola necesaria mellora das infraestruturas no rural lugués para potenciar a calidade de vida dos nosos veciños dende unha Deputación rural e sempre coas persoas”, suliñou o voceiro da deputación, Álvaro Santos.

Destes 3 millóns de euros, 2,6 millóns serán para o inicio da contratación de melloras en 46 quilómetros de 23 estradas polos concellos de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Portomarín, Xermade e Samos.  Os outros 400.000 euros son os que se achegarán ás melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 estradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta