O Ministerio de Agricultura envía 10 medios aéreos e unha brigada de extinción ao incendio de Vilariño de Conso

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación enviou dez medios aéreos e unha brigada de especialistas en extinción ao incendio declarado na tarde deste venres Vilariño de Conso (Ourense) e que afecta o parque natural do Invernadoiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2018 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

Nun comunicado remitido aos medios, o Ministerio explicou que á zona desprazáronse tres avións anfibios Canadair de 5.500 litros de descarga da base de Labacolla, en Santiago; así como dous anfibios de 3.100 litros de Rosinos, en Zamora.

Incendio no  Parque Natural do Invernadeiro
Incendio no Parque Natural do Invernadeiro | Fonte: Brigada Vilamaior.

Tamén se desprazaron dous avións de carga en terra de 3.100 da base de Xinzo e un avión de comunicacións e observación da base de León que envía imaxes aéreas do incendio en tempo real.

Para complementar o labor dos medios aéreos, desprazáronsetamén á zona unha Brigada de Reforzo contra Incendios Forestais da base de Laza en Ourense e unha Unidade Móbil de Meteoroloxía eTransmisións da mesma provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta