Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2018 | Actualizada ás 10:45
A Garda Civil da Rúa (Ourense) investiga a un home de 30 anos, veciño deste municipio ourensán, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, despois de intervirlle en varias das súas propiedades plantas de marihuana.
En concreto, segundo informou este xoves nun comunicado o Ministerio do Interior, o suceso tivo lugar ás 19,00 horas do mércores 3 de outubro, cando tomaron declaración ao acusado --que responde as iniciais G.O.N.--.
Tal e como precisaron as mesmas fontes, interviñéronselle nunha leira da súa propiedade --plantadas-- e nun baixo da súa vivenda --secando-- varias plantas de marihuana, que sumaban un total de 22 quilos. A investigación corre de man do Xulgado de Instrución número dous de O Barco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.