As provincias da Coruña e Pontevedra, en alerta este luns por choiva, vento e forte marexada

.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

As provincias da Coruña e de Pontevedra estarán este luns en alerta por intensas choivas, ventos e marexada, debido ao paso dunha fronte durante a madrugada, segundo a predición de Meteogalicia.

Avisos meteorolóxicos para o 15 de outubro de 2018. METEOGALICIA
Avisos meteorolóxicos para o 15 de outubro de 2018. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

En concreto, entre as 00,00 e as 12,00 horas, está activa a alerta amarela por choivas de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, nas zonas oeste e suroeste da Coruña. Por ventos, hai alerta amarela por ventos de sur, de forza 7, entre as 00,00 e as 06,00 horas, no litoral da Coruña e na costa de Pontevedra.

No mar, o aviso é de nivel amarelo entre as 12,00 e as 15,00 horas, por ondas de 4 a 5 metros nas Rías Baixas e na zona oeste da provincia da Coruña. A alerta subirá a nivel laranxa, por ondas de 5 a 6 metros, nas mesmas áreas, de 15,00 a 21,00 horas, baixando novamente a amarela de 21,00 a 24,00.

Tamén estará en alerta, por ondas de entre 4 e 5 metros, a zona de Coruña Noroeste entre as doce do mediodía e as doce da noite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta