Aprobado o teito de gasto da Xunta para 2019, que sobe até os 9.850 millóns

Só o PP votou a favor dunhas contas que a oposición caulifican que "limitadoras" do investimento público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O Parlamento galego aprobou, cos votos do Partido Popular e o rexeitamento do conxunto a oposición, o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2019, que sobe un 3,8% en relación ao orzamento en vigor, até 9.850 millóns de euros.

Sesión no Parlamento galego
Sesión no Parlamento galego | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Na súa intervención para presentar o proxecto na Cámara, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que é o teito de gasto "máis san e que menos recorre á débeda de toda a década".

Pola súa banda, En Marea, PSdeG e BNG argumentaron en contra deste teito de gasto, no que ven "un limitador" para o investimento público, e acusaron ao Goberno autonómico de "falta de proxecto" e "ambición".

En fronte, o PPdeG defendeu as "previsións prudentes" do Executivo de Alberto Núñez Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Con 9.000 millóns de euros cada ano, 36.000 millóns nunha lexislatura e non somos quen de sacar a sociedade adiante. Isto é o que nos pasa! Qué clase de sociedade permite esto? Patético.